- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 30 Abril 2008 30 Abril 2008
Unha empresa de Camariñas triunfa en Bruselas

Camarinas.eu non publica rumores, si non que publica feitos reais e constatados, e un feito constatado é que as empresas de Camariñas triunfan alá donde van. Así, na Bruselas Sea Food Exhibition, un encontro de carácter anual especializado nos productos do mar vivos, frescos e conxelados, está presente a empresa camariñana Fraida propiedade dos irmáns Francisco, David e Isidro Castro Souto.
Pulsa dentro para ler a noticia completa e ver un galería de fotos.
Na citada exhibición que se celebra anualmente na capital belga, sede da Unión Europea, participan máis de 1.200 empresas de todo o mundo adicadas á compraventa, procesado e conxelado de productos do mar, e claro, alí tiña que estar unha empresa de Camariñas, pobo vencellado ao mar practicamente desde a orixe do mesmo. Es empresa era o Grupo Fraida
Tamén é de reseñar que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través do FROM (Fondo de Regulación e Organización do Mercado de Productos da Pesca e Cultivos Mariños), participa nesta feira por oitavo ano consecutivo. Precisamente, o titular de este departamento, Miguel Arias Cañete, viaxou hoxe a Bruselas para asistir ao acto de presentación do pavillón de España, no que están presentes, ademáis do pabellón do MAPA, os de Galicia, Canarias, Andalucía e o País Vasco.
Dende camarinas.eu axudaremos a tódolos empresarios e xente con iniciativa que contribúa a crear industrias e postos de traballo, tan necesarios no noso concello, que redunden no beneficio colectivo de toda a poboación de Camariñas. Eles saben que contarán con todo o apoio da web referente de toda a Costa da Morte para facer do noso Concello o punteiro desta franxa atlántica. Como xa o sabe a familia Castro Souto que contan cun empresa xoven pero experimentada que se abre paso nesa xungla despiadada dos negocios internacionais, e que nos manda as fotos e a información desta noticia.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.