- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Abril 2008 26 Abril 2008
Un San Martiño de 7 kilos que quixo ser Jallejo

O San Martiño máis grande só podía acabar no mellor restaurante: Hotel Rústico Puerto Arnela
Despois dunhas festas de San Xorxe na que non tivemos moita actividade en camarinas.eu (debido á predisposición para as festas desta redacción) a web máis visitada da Costa da Morte volve á carga con máis forza que nunca. Desta vez, o usuario redactor que mellor comprende a filosofía de camarinas.eu mándanos unha foto impresionante e un texto non menos espectacular adicado a este bicho de case que sete kilogramos pescado por un vello mariñeiro nunha das zonas de abundante pesca que existen nesta nosa destartalada Costa da Morte. Pulsa na foto para ler a noticia que nos manda o noso "Usuario Redactor" e unha foto aumentada do San Martiño de case sete kilos.
Un San Martiño de case sete kilogramos
{multithumbs}
¿Quen dixo que na Costa da Morte sólo queda sardiña e xurelo? ¿Quen se atrevío a intuir que a única alternativa que quedaba para estos mares eran as piscifactorías? Unha vez máis a nosa rocosa e bravía costa quixo ofrecernos unha proba da riqueza que atesora nos seus fondos mariños, fondos mariños que tan sólo piden a gritos unhas vedas sostenibles, unhas artes que respeten os seus benxamíns e que deixen no mar aos mariscos juevados. Tan sólo pide esto o noso mar. E para recordarnos que non está tan morto como o seu nome predice quixo brindarnos unha peza que un dos nosos mariñeiros collío alá polo Budial: Un San Martiño nada máis e nada menos que de uns sete kilos, peza que xa fai anos que non se ve por estes lares, ainda que os nosos vellos teñen collido irmáns de este de hasta 15 kilos, xa fai muito tempo que non atracou por este noso cacho de mar atlántico semejante peza.
De nome científico Zeus Faber Linnaeus, é coñecido polos madrileños como San Pedro, os cales como bos comensales que son teñen en este peixe unha peza supervalorada, apreciada e perseguida por todas cartas dos restaurantes galegos.
Un San Martiño que quixo ser Jallejo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.