4.7037037037037 1 1 1 1 1 Rating 4.70 (54 Votes)

O rapaz que derrotou a camarinas.eu

O rapaz sen nome que gañou a camarinas.eu
O rapaz sen nome que gañou a camarinas.eu

Cando a semana pasada un xoven matrimonio de Camariñas, usuarios activos ambos desta web, nos entregaron para publicar como Fotos Históricas dúas imaxes de comenzos dos 70 que tiñan como telón de fondo o Cansorro, facíano ca esperanza de aclarar dunha vez por todas unha incógnita que dende hacía anos rondaba polas súas cabezas: a de quén sería o rapaz rubio protagonista dunha fermosa fotografía enmarcada que colgaba nunha das paredes da súa casa.

Acudían ilusionados ao lugar en principio idóneo, a web con maior cobertura  da Costa da Morte, líder intratable no Concello de Camariñas, con máis de 800 usuarios rexistrados (802, a 25 de abril) e máis de 1.100 entradas diarias. Pero hoxe, unha semana despois e cando toca mover dende a páxina de inicio cara á sección de Fotos Históricas a foto do rapaz enigmático, temos que recoñecer a nosa derrota: non fumos capaces entre todos, redactores, usuarios e lectores de poñer un nome ao citado rostro. En fin, pois agora ábrense dúas posibilidades: unha sería a de consolarse ca peregrina idea de que o rapaz era un ave de paso, alguén de fóra ao que se lle quitou unha fotografía no momento por un fotógrafo profesional; a outra, sería a de seguir o consello dunha antiga usuaria e "tirar ca página á plaia". Que queredes, non nos consuela o feito de saber que foi a Foto Histórica máis vista da historia de camarinas.eu.

Comentarios   

trintaduosventos
0 # trintaduosventos 25/04/2008 23:29
pois suerte que en Camariñas solo somos catro vesiños que si non habia que chamar a lobaton, mala suerte pa o protagonista, por intentalo non seria ¿non?
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 26/04/2008 01:31
sijo disindo que este rapas, ten que perteneser a familia das jallejas, sinon ten que ser pepe da croa.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # o rapasrubiasexy 26/04/2008 10:26
pos eu non sei pero penso tanto que asta me parese o meu sobriño joselito o fillo de miña himan carme e o italiano paresme rrubiño e juapo como el cando hera pe queno non sei bueno saludos sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
maria pilar
0 # maria pilar 26/04/2008 13:31
tamen pode ser que si o descubrimos pero a el non lle interese decir que e el o millor non lle gustou a foto pa min salio muy ben
Responder | Denunciar ante o administrador
Siempremikel
0 # Siempremikel 26/04/2008 14:49
Para min é o segundo q dixo a Mantida,,,fillo de señor Benito e irmán de Bil de Corea,teñen agora un piso na zona do castillo,,eu aposto por Pepe
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 26/04/2008 16:24
este neno non esta no cansorro si non que esta nas escaleiras que habia en frente o bar villano,pepe do croio ten mas de cuarenta anos,eu penso que ese neno vivia por ali cercapara min non sey si sera carlos do tosta un saludo.
Responder | Denunciar ante o administrador
JmacBE
0 # JmacBE 26/04/2008 17:00
Bueno, desirvos a todos, e tamen a ti Maria Pilar que ojala fose eu ese neno, seria o protagonista de esta busqueda e teria unha bonita foto para ensearlle a mia filla, ainda que non nejo un serto paresido... pois se me fai que non poido ser eu, teno fotos de cando eu era asi de neno, e vai ser que non, que ainda que poidera ser, eu creo que non.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 26/04/2008 21:06
Camariñas eu,aljien tiña que derrotarbos jajaja.Que todas derrotas foran como esta. Haber si vai ser que non e de Camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # gancho loco 27/04/2008 01:26
Como sí o Machote, Pepe da Croia ten mais de 40 anos, exactamente 49,seino porque é quinto meu, pero tamén penso que pode ser o irman mais novo que non me acordo como se chama.
Responder | Denunciar ante o administrador
Rueironovo
0 # Rueironovo 27/04/2008 18:54
Eu acordome dun rapasiño rubio que xojaba muito nesas escaleiras con sua abuela ,era o fillo de PACO DO COTELO pero por mas que intento non son capas de recordar a sua cara eso que inda non hai muito que o vin pero ahora e un home feito
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+1 # ¿E IL?...hombre lobo 28/04/2008 10:56
LEVO DIAS CABILANDO, POR QUE SOAME MOITISIMO ISE SONRRISO,ASI QUE VOU DAR A MIÑA OPINION; EN PRIMEIRO LUGAR DICIR QUE E POSIBLE QUE O NENO DA FOTO XA NON ESTE VIVO,TAMEN DICIR QUE O NENO E LOIRO OU RUVIO,QUE A ROUPA E A FOTO EN XERAL PARECEME DUNHA DATA MAIS CERCANA A SUXERIDA POR OUTR@S USUARIOS,SE E QUEN EU CREO,E DA MIÑA IDADE,OSEA DO 73,ISA FOTO PODERIA SER DO 77 OU 78.CREO QUE O RAPAZ MORREU A IDADE DE 23 OU 24 ANOS...BUENO A OS VINTE E POUCOS EN UN TRAXICO ACIDENTE DE TRAFICO EN SUIZA.CREO QUE ISE SONRISO E DE CARLOS O FILLO DE MOLINA,Q.D.P.¿Q UE OPINADES?...¿E IL?.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Fotos Historicas: O Cansorro ano 1974 (II)mantida 28/04/2008 16:14
estuven falando con pepe dac croa e díxome que si fuino 71 o irman juan tería tres anos,pero que lle justaría ver a foto
Responder | Denunciar ante o administrador
marbiel
0 # marbiel 09/07/2008 00:12
este rapas parese lele fillo de mercedes da gallega.
Responder | Denunciar ante o administrador
reebok de pump
0 # EU SEI QUEN Ereebok de pump 22/07/2008 17:42
Este rapas e o bufo que ten unha hirman que andaba a escola con nos Diego,chamase monica e e da familia da jalleja........ ............... ..........
Responder | Denunciar ante o administrador
monicachi
0 # monicachi 13/01/2009 21:08
Creo que é Juan o Homiño, o afillado de Fernando o Tata (cañero, o fillo de Mundina), o meu sogro; Diego, telo ó lado da tnda, levalle a foto e sacanos de dudas.
Saludos
Responder | Denunciar ante o administrador