Aquelas bodas no baixo de Perrúa

Na esquina inferior esquerda Isabel Campaña Blanco que hoxe cumpre 48 anos.¡Feliz cumpreanos!
Na esquina inferior esquerda Isabel Campaña Blanco que hoxe cumpre 48 anos.¡Feliz cumpreanos!

Este sábado 12 de abril, Fotos Históricas recorda unha institución clave na Camariñas dos anos 70 e 80: os banquetes de boda que se celebraban no baixo que a Familia Perrúa tiña na Rúa Pinzón. ¿Quén non asistío a un daqueles convites? Recordamos concretamente a primeira boda que se celebrou no mesmo: o enlace matrimonial entre Luis Laranjo Martínez, fillo dun importante empresario madereiro muxián, e Mª Luz Campaña Blanco, filla do mítico armador camariñán, o 24 de setembro de 1977, cunha importante representación das dúas familias, entre elas a dunha persoa moi querida nesta redacción que hoxe cumpre anos.

¡Feliz cumpreanos, Isabel!

Para o citado banquete os bancos e mesas foron aportados gratuitamente polo pai do noivo, Manuel Laranjo, dono dun importante aserradeiro en San Martiño de Ozón, Muxía, e os camareiros foron traidos expresamente dende A Coruña para a ocasión. Na cociña oficiaba a tamén comadrona María de Marta, muller querida e apreciada en Camariñas que faría as delicias dos paladares máis esixentes na meirande parte das bodas que se celebrarían na nosa vila durante as seguintes dúas décadas. Eran os tempos da boda e da reboda, cando o domingo se raspaba o moito e bo que sobrara no banquete do sábado.

No ángulo inferior esquerdo da foto de portada atópase con traxe azul unha seguidora entusiasta de camarinas.eu e persoa moi apreciada nesta redacción: Isabel Campaña Blanco, que hoxe cumpre 48 aniños. Economista de prestixio, dende hai máis de 20 anos vive en Madrid, onde traballa nas oficinas centrais do Instituto de Crédito Oficial (ICO)  e dende a lonxana capital de España non falla nunca a súa cita diaria ca web do seu pobo natal. Eso nos momentos que lle deixa libres a súa filla adoptiva, ese terremoto chamado Marina, a camariñana de orixe ucraniano, que facendo honor ó sangue eslavo que corre polas súas venas, non para en todo o día de facer tolerías. Isabel, si xa estás todo o día enganchada, deixa de facer tonterías, non andes con vergonzas, regístrate dunha vez e participa na maior familia de Camariñas e da Costa da Morte: a familia de camarinas.eu. ¡¡FELIZ CUMPREANOS E QUE CUMPRAS 48 MÁIS!!

{multithumb}

ImageImageImage

ImageImage

Comentarios   

trintaduosventos
0 # trintaduosventos 12/04/2008 13:40
Teño ido a muitas bodas a este baixo de Perrua, bodas que non tiñan ninguha clase de lujo, pero eran sencillas, familiares, agladables e sencillas, como as cousas boas da vida, recordo mellor inda as rebodas, reserbadas nada mais para os que tiñan boa resaca..tempos marabillosos.Re dactores este local merece un reportaxe,segur amente traera muitos recordo.
Enorabuena a Naranjo e esposa.
Responder | Denunciar ante o administrador
perillan
0 # perillan 12/04/2008 14:21
Isa,feliz cumpreanos, que o pases muy ben en compañia da tua marina a camariñana ucraina, e hoxe non seas tan severa con ela e dalle moitos bicos de parte da familia de camariñas. Por outra banda rexistrate de una puñatera vez na paxina mais importante da costa de morte e deleitanos con alguns comentarios, o millor ainda che nombran corresponsal en madrid si o fas ben, claro
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # Felicidadesgancho loco 12/04/2008 14:33
Felicitaciones no teu cumpreanos, Isabel, casi me estás collendo pois eh teño 49 e sigo igual de tolo que cando era novo.
Ah, failles caso a os que che dín que te rexistres, que aquí non comemos a nadie.
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 12/04/2008 15:00
Cacho festas se facian nese local,mira que houbo uns cantos centos de bodas,pois a mitade do pobo casouse ali,pero claro todo acaba ainda que moitos temos gratos recordos,porque non faltaba o grupiño de música,a comida era de primeirisima calidade. En fin Isabeliña espero que cumplas outros tantos en boas condicions,salu dos e bicos lusina
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 12/04/2008 15:20
Bueno, aínda que eu non suelo escribir muito en esta página (non suelo escribir muito nos comentarios, quero decir, jajajaj), hoxe von a felicitar o cumpreanos a unha persoa mui importante na nosa familia, como é a miña tía Isabel, que agora anda felizmente ben de saúde e siempre mira a nosa página dende Madrid. Isabel Feliz Cumpreanos e a ver si lle metes prisa a Marina para que recorde o idioma ruso que é unha vergonza que un españolito do montón coma min o fale xa mellor que ela, jajaja.¡¡FELIZ CUMPREANOS!!
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 12/04/2008 21:26
feliz cunpleanos ysabel
Responder | Denunciar ante o administrador
GRACI
0 # Feliz CumpleanosGRACI 12/04/2008 23:10
Felis cumpleanos de parte de teu sobriño Adrian e Graci e que cumplas muitos mas FELIZIDADES
Responder | Denunciar ante o administrador
jaime
0 # jaime 13/04/2008 11:08
Desde aquí quero darlle as gracias a esa entrañable familia camariñana "Perrua" por poñer a disposición dos camariñans ese baixo mo que tantas veces pudemos compartir neses bancos e mesas as mellores bodas da zona.
Feliz cumple Isabel.
unha preta para Laranxo e Señora
Responder | Denunciar ante o administrador
elforo
0 # Feliz cumpreanoselforo 14/04/2008 15:34
Eu coñezco de moito tempo e moi ben a esa persoa que está cumprir anos. Espero que teñas boa saude por moito tempo, pra que podas ver como crece esa nena.
Felicidades Isabel
Responder | Denunciar ante o administrador