Estába a redacción de recente creación de camarinas.eu a dar unha ronda na mañá deste 17 de agosto de 2007 polo Paseo Marítimo que discorre a carón da Praia de Area da Vila cando puidemos obsevar  como unha auténtica muchedumbre apelotonábase no citado areal camariñán para coller puñados de suculento e preciado marisco.

A pesar de que está prohibido e de que obviamente carecen dos permisos de marisqueo correspondentes, a día de hoxe pódese ver a xente apañando ameixa e berberecho na praia de Area da Vila. Neste célebre areal de entrada á Vila dos Encaixes xa había tres ou catro Camariñáns Ilustres que eran os que, digamos, realizaban as tareas de mantenimiento e de limpieza intensiva da praia pero agora ao parecer unha morea de turistas solidarios uníronse a estes paisanos para colaborar en tan altruistas e desinteresadas tarefas.

Engadir un comentario