4.25 1 1 1 1 1 Rating 4.25 (8 Votes)
Amigos Camariñáns; Sen dúbida que non me coñecedes, pois eu, por desgracia non son de Camariñas,pero é tanto o amor que lle teño a este gran pobo de Costa da Morte, que aquí me rexistrei. Eu son de Negreira (tera que amo), pero levo a Camariñas no meu corazón. Moitos son os días que me acerco a pasar o tempo pescando nas mellores augas da Costa da Morte, e realmente sinto verdadeira deboción polo pobo que xa considero o meu propio pobo de adopción. Oxalá non vos importe que me inscribira como usuario, pero intuo que non, pois xa comprobei moitas veces que sodes a mellor xente da Costa Galega. Un saudo!

Comentarios   

O SOCO
0 # O SOCO 07/04/2008 13:08
benvido Salaño... solo podo desir que a una persoa que sinte tanto a Camariñas como ti esta mais que benvido a esta pagina e o noso pobo que desede ahora tamen sera o teu.
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 07/04/2008 13:41
Moitas gracias polas túas palabras e pola benvida.
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # aca estamostoxo 29/08/2008 14:10
en camariñas temos luar e corazon pa todo dios,que disfrutes de nosa compaña.benvido .un abrazo forte
Responder | Denunciar ante o administrador