4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (38 Votes)
O xa desaparecido Orient Express cubría a ruta entre París e a asiática Estambul a través dun viaxe literario polas veiras do Danubio; o Transiberiano dende 1.904 cruzando oito usos horarios, sete días de viaxe, conecta a sagrada Moscú con Vladivostok, no mar do Xapón; a Union Pacific a través de pradeiras pragadas de indios, búfalos e pioneiros fixo realidade a epopeia dos USA conectando a Costa Atlántica co Pacífico. Agora  á nómina destes trens de leyenda ven a sumarse dende hai uns anos o noso querido, defenestrado e menospreciado Chiquitren, o medio de locomoción que inagurou o tendido das redes ferroviarias no Concello de Camariñas, paliando desta forma o olvido secular no que as distintas Administracións centrais sumiron a esta desdichada Costa da  Morte.

Este ano, acabando cunha inxustiza histórica, o postramento e humillación do noso amado Chiquitren chegou ó seu fin cuns novos cometidos que reforzan o seu insustituible e vital papel na Mostra. Así por tan só 2 euros todo aquel que o desexe poderá facer unha viaxe guiada pola Costa a través dun percorrido ferroviario de tonos épicos por lugares de ensono do noso Concello como o Faro Vilán, as paradisíacas praias de Reira ou o Cemiterio dos Ingleses. Non hai excusa para non subirse ó tren: o tempo desapacible aínda reforza a beleza salvaxe dos nosos Paraísos Naturales: ¡¡VIAJEROS AL TREN!!

Engadir un comentario