- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 20 Marzo 2008 20 Marzo 2008
No cuarto episodio do CSI Camariñas, a lupa microscópica de Mikel volve a fixar o seu obxectivo sobre unha vida a cabalo entre o furtivismo e a heroicidade. ¿Ánxel ou diablo? A dualidade da alma humana é analizada ata as súas últimas consecuencias polo investigador privado do barrio camariñán do Campo, que segue a facer méritos para recibir o futuro Premio Pulitzer de periodismo científico nunha gala na cidade dos rañaceos a que promete que nunca acudirá vestido de traxe ou frac, senón "con roupa de ajuas", como corresponde a un auténtico home de mar.

¿Héroe ou Furtivo?
Esta semana, como dixera na anterior sección, a miña parada ca lupa iba ser Arou ou Camelle, pois ben, tocou Camelle. Ata alí cheguei en busca dun home bastante escurridizo. Despois de varios intentos conseguín adentrarme ata a mesma habitación do meu obxetivo. Nada máis chegar adentro quedei asombrado cos diplomas e outros recoñecementos pola labor humanitaria que levaba feita, polo seu traballo, polo seu valor e coñecemento dos nosos fondos máis tenebrosos. Gracias a esta persoa, saíron as primeiras leis do percebe, os carnets de percebeiro e o control dos biólogos nos nosos recursos, concretamente no rei dos mariscos: "O Percebe". Persoa que cando saía da casa chegou a facer movilizar patrullas, lanchas e ata helicópteros de vixiancia da Xunta e da Garda Civil, por certo, admirado por todos eles.
Un trato humano directo, unha axilidade física e moral impresionante, persoa con coñecementos dos grandes políticos, punto no que adicou unhas palabriñas para todos, ou case. O primeiro que me dixo cando foi de facer a entrevista foi:"Eu a entrevista fájoa eh, pero poñe todo tal como che dijo, unha ves un periódico (por certo non era galego) puxo o que vío. É verdad que a nós nadie nos da nada. ¿Ou se poñe todo ou nada, é así ou non?". Por suposto, este home é dos meus, pensei eu nada máis oir esas palabras.

Efectivamente aceptamos o trato, a verdad sin censuras, de súpeto recoñecín que a fama deste señor era por algo, salío nos principais medios de comunicación, foi obxecto dunha medalla de ouro ao igual que os seus irmáns Tajes polo Concello de Camariñas, Bergantiñán do Ano no 2001 e 2000 respectivamente, primeiro buzo que rodou un documental relacionado co Furtivismo, un documental que de simulacro nada, real como a vida mesma, rastrexador de afogados desaparecidos, andivo polos fondos de ríos, pantanos e outras augas, respetado polos seus colegas de profesión ("Eles saben que eu son de palabra e fajo o que dijo") famoso e admirado polo mundo enteiro, onde colgan varios vídeos de youtube del. Revisei documentos e son testigo de cousas que me contaba e demostraba con papeis, ca ventá da casa mirando hacia os baixos e o porto que tanto añora, loitador e con vena de percebeiro como nadie nesta costa e no mundo enteiro. Como di el: ''O bo percebeiro faise, pero debe nacer ca vena''...Totalmente dacordo contigo Maestro.
Manuel Tajes Sánchez, natural de Camelle (Camariñas) e nacido en Xuño do ano 1949, actualmente separado, pai de 8 fillos e avó de 3 retoños.
" O Rubio"
Mikel. ¿Canto tempo leva nesto do submarinismo nas augas máis peligrosas do mundo?
Rubio. Practicamente toda a vida, levo 36 anos exercendo como buzo profesional. Andiven e ando aos percebes, traballei tamén en ríos, pantanos, buscando afogados, etc.
Mikel. ¿E percebeiro de toda a vida ou fixo outras cousas?
Rubio. Máis ben si. Tamén traballei de rana nos desguaces de barcos afundidos, andiven á pesca, fixen moitas cousas pero os percebes sempre foron o meu forte.
Mikel. ¿Atopouse algunha vez nunha situación de perigo?
Rubio. Moitas.
Mikel. Bueno gustariame entrar en algo persoal e publicado no seu día en varios periódicos...
Rubio. Xa che dixen que preguntaras todo o que quixeras(risas).
Mikel. E que nese periódico din que vostede afirmou que era un Furtivo de toda a vida, ¿por qué non ten un carnet de mariscador semejante profesional?
Rubio. Non o quixen. Claro que mo daban pero para qué, eu respeto as zonas onde traballan os que teñen carnet, eles sábeno, a miña palabra vale por calquer carnet, cando os daban non estaba eu dacordo en varias cousas e non o quixen. Algún dos que están na legalidade son os máis ladróns, eu teño palabra e respeto as zonas deles, von a sitios que nadie vai.
Mikel. ¿Pero asi é viable o conto?
Rubio. Viable refireste a si me da rentabilidad non? Jajaja, non entendo ben esa palabra. Pois claro que me da, os meus percebes van moi ben apañados, a pedra onde os collo vai ben tratada e o prezo do meu marisco sempre é máis alto que o dos compañeiros de profesión. Os meus percebes poden estar moitos dias na nevera que non lle pasa nada. En cambio outros que os apañan e non saben ben arrancalos, córtanos e pronto se deterioran e cheiran.
Mikel. ¿Si volvera a nacer sería percebeiro?
Rubio. (Despois de pensalo uns segundos e mirar pola ventana hacia a costa) Non, non creo que volvera a ser percebeiro.
Mikel. ¿Multárono algunha vez por apañar percebes?
Rubio. Si oh, incluso unha vez fai uns cantos anos puxéronme 900.000 das antigas pesetas, pilláronme con 47 kilos no cruce da Ponte do Porto, estaban alí esperándome. A raíz desa multa tan elevada e o que falaran as autoridades, fixéronse as primeiras leis de percebeiros na nosa costa. Tuven moita caña das autoridades no seu tempo, cada vez que eu me movia viñan tras miña axentes da Xunta, Garda Civil e ata Helicóptero.

Mikel. ¿E cómo facía para esquivar semejante despliegue por parte das autoridades?
Rubio. Moitas veces conseguia escapar e cando os vía por Camelle xa non iba, deixaba pasar uns días ata que marcharan (risas os dous).
Mikel. Pois eu teño entendido que as mesmas autoridades que o multaban, foron en máis dunha ocasión a pedirlle axuda para atopar afogados desaparecidos, ¿que me di deso?
Rubio. E certo, pero eu por buscar un afogado fago o que sexa. Eu iba sin cobrar, faltaría máis, pero as autoridades siempre me respetaron e entendéronme porque eu decíalle as cousas tal como eran, incluso fixen grandes amigos.
Mikel. Foi condecorado ca Medalla de Ouro do Concello como recoñecemento ao labor humanitario, Bergantiñán do Ano, véxolle as paredes cheas de cadros con recoñecementos a nivel personal que poucos conseguen.
Rubio. A verdad é que si, a medalla que me deron no Concello foi avalada con informes da Xunta, Garda Civil, Capitanía Marítima, Biólogos e outros expertos. Estón contento co que levo feito pola xente, que foi moito.Tamén lla deron a meus irmáns. Bergantiñán do ano non, ¡eh! Ahí fun eu solo (risas).
Mikel. ¿Qué pensa das leis que poñen as autoridades, están ben postas?
Rubio. Claro que están ben senón comeriamonos uns aos outros jaja. Os biólogos non son tontos eh, están moi preparados. Eu teño ido con eles e saben ben o que fan, para algo estudiaron. Ahora si eh, eu sei que a veda tiña que ser de Maio a Outubro pero os outros meses tamén se come. O que hai que facer é respetar os topes e tratar ben a pedra onde se sacan os mariscos.
Mikel. ¿Cree vostede que o furtivismo pode desaparecer?
Rubio. Non. Sempre haberá furtivos senón, ¿para qué se queren as autoridades? ¿Todo mundo ten dereito a traballar non? Si non houbera furtivos andarían multándose uns aos outros. E non olvides que os que están dentro da legalidade tamen son furtivos eh, máis ben diria os furtivos máis grandes...
Mikel. Pois si que me fai reir vostede eh, bueno xa acabei Rubio, agradézcolle de novo que nos prestara un pouco da súa experiencia vivida...
Rubio.Ti pregunta máis si queres, si queres dígoche algo dos políticos...
Mikel. (Carcajadas) Pois si que estaría interesante, dispare o que queira (vaia coñecemento ten de todos, impresionante).
Rubio. Os politicos, o Gobierno, todos eses son os que comen o mellor marisco. Nós temos que apretalo cinturón para eles encheren a barriga. Son o noso futuro porque son os que poñen as leis e as condicións da vida. Marisol Soneira é unha persoa moi importante para a nosa Costa. Bautista, o noso ex-alcalde unha persoa insistituible. Manuel Fraga unha gran persoa, humilde e moi respetuoso sempre conmigo, ata incluso o dia que non pudo vir a darme a Medalla de Ouro, mandoume unha carta disculpándose, queríalle moi ben a Camelle. Adolfo Suarez tamén foi bo político pero algo cagón jajaja. Felipe Gonzáles moi importante para a transición de España, moi importante pero tuvo o erro de non condenar aos seus ministros cando lle fallaron. Aznar matouse co tema da guerra, pero non é tonto eh, e nada máis, creo que cheja (risas).
Mikel. Pois claro que chega Rubio, moitísimas gracias por todo, sólo me gustaria que nos contara unha anécdota que lle pasara e que recorde.
Rubio. Si oh, mira unha vez viñeron xunta min para rodar o primeiro documental submarino na Costa da Morte relacionado co Furtivismo. Eles querian facer un simulacro de como as autoridades collían a un furtivo faenando. Eu dixenlles que de simulacro nada, que si querian viñeran en serio, e asi foi, porque a min gústanme as cousas como son, reais...
Mikel. Jajajajajaja. ¿E collérono?
Rubio. Doulle traballo eh (carcajadas), pero ao final conseguirono oh, é moi dificil escapar deles. Póñenche un helicóptero polo aire e alá vas apañado...
Mikel. Pois mire que salgo tremendamente agradecido da súa sinceridade Rubio. ¿Velle futuro a esto do percebe?. Xa rematamos,un pracer para min falar e entrevistar a vida dun auténtico héroe...
Rubio. Gracias de nada sosio, teu abuelo Cotarro foi moi bo para a miña familia. Incluso nos fixo a rede do Cerco, ti aínda non naceras creo. E claro que lle vexo futuro a pesca e o marisqueo, sempre e cando se respeten os cupos e vedas, e sabendo cortalos percebes tamen, porque para ser percebeiro de verdade tes que levalo na vena. (Choque de máns e despedida).

Comentarios
felisidades por este gran traballo,sige asi MIKEL
Unha admiradora.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.