- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Xaneiro 2021 21 Xaneiro 2021
O programa “Xuventude polo Emprego” promovido polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía busca a formación e inserción de rapaces e rapazas novas no mundo laboral en distintos eidos. Na procura dese cometido están a realizar dous proxectos relacionados coa vila de Camariñas.
O primeiro deles é unha aplicación móbil de realidade aumentada baseada na páxina web www.rutadelosnaufragios.com. Os alumnos deseñarana xunto coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas e estará dispoñible tanto para android como para apple. Así, tanto a foráneos como a curiosos locais, poderán aprender sobre os 62 afundimentos acontecidos nas nosas costas dende o seu dispositivo móbil.
A súa vez, os alumnos de carpintería están a arranxar o chan e a darlle verniz, a colocar novos estantes e a rematar dous despachos dentro da casa de pedra. Ao remate destas, iniciarán obras na fachada da biblioteca municipal.