4.7 1 1 1 1 1 Rating 4.70 (10 Votes)

Despois do terremoto mediático que supuxo tanto a publicación do makinf off como da revelación do impresionante cartel da Mostra do Encaixe protagonizado por Damián Álvarez, continuaba a apisonadora mediática da mostra a conquistar Madrid por tódolos flancos posibles.  As redes sociais botaron fume durante toda esta semana con estas dúas publicacións. As estadísticas ás que temos acceso dentro do facebook da Mostra son de infarto: caseque 500 veces compartido e 30.000 persoas alcanzadas en tan só 24 horas co cartel creado por Diego Alonso e protagonizado por Damián Álvarez. Unha asoballadora avalancha social poderíamos dicir que deixa en ridículo outras publicacións. Máis alá, e dentro destas accións de difusión previas da XXX Mostra do Encaixe, o Concello de Camariñas decidiu ao mesmo tempo promocionar o evento en pleno corazón de Madrid. Así, aproveitando a presentación da XXX Mostra en FITUR, programou que do 22 ao 29 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía o cartel da edición deste ano. 

Un cartel 100% ideado, creado e protagonizado por xentes da Costa da Morte arrasa nas redes sociais e conquista FITUR e Madrid

O obxectivo da alcaldesa, Sandra Insua, e do seu equipo de goberno ao materializar esta acción publicitaria era o de continuar espallando a Mostra do Encaixe fora de Galicia e continuar afianzando este evento como unha das pasarelas de moda de referencia de España durante a Semana Santa. Un fin que estase conseguindo este ano gracias á impactante imaxe do cartel creado íntegramente polo creativo camariñán Diego Alonso Freire e protagonizado polo modelo internacional da Costa da Morte Damián Álvarez Tajes. Este domingo ás 9 da noite constituirá o cumio destas actuacións promocionais da XXX Mostra do Encaixe cando se desvele finalmente o spot da Mostra do Encaixe 2020 a través da nova páxina web da Mostra. Traballos tamén realizados e protagonizado de principio a fin por xentes da Costa da Morte que foi unha das claves do éxito tan importante do proxecto. Porque non hai mellor maneira de promocionar a nosa terra que confiando estes proxectos á xente preparada da Costa da Morte, que haina e moita, e seguramente o van a facer mellor que outros que veñen de fora porque o sinten como seu e lévano nas venas.

Este domingo 26 de xaneiro ás 9 da noite desvelarase finalmente o spot oficial da Mostra do Encaixe na nova web do evento www.mostradoencaixe.es

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.