5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social organizará no mes de xuño no Concello de Camariñas charlas sobre 'Prevención de timos, robos y abusos a las personas mayores', que estarán impartidas polas forzas e corpos de seguridade do Estado.

Terán lugar o martes 18 e o xoves 20 de xuño, en Camelle, Camariñas, Ponte do Porto e Xaviña.

Estas accións de mellora da seguridade dos nosos maiores terán lugar o martes 18 de xuño ás 10 horas no Museo Man de Camelle e ás 12 horas no Centro de Iniciativas de Camariñas. O xoves 20 de xuño, ás 10 horas, celebrarase a mesma charla no Centro Cultural de Ponte do Porto e ás 12 horas no Teleclub de Xaviña. As charlas serán gratuítas pero hai aforo limitado.

Engadir un comentario