- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Xuño 2019 04 Xuño 2019
O pleno do Concello de Camariñas aprobou este 21 de maio, en sesión extraordinaria, a modificación puntual nº1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente no noso municipio. O obxectivo desta modificación era resolver algúns erros detectados, actualizar puntos para adaptalos á normativa vixente e aclarar determinadas situacións. Agora remitirase ao órgano autonómico competente para a súa aprobación definitiva.
Así, a modificación puntual do PXOM de Camariñas contempla os seguintes puntos:
- Regular con maior flexibilidade o parámetro de fondo mínimo de parcela.
- Permitir o uso residencial de categoría 1º en actuacións sobre edificios existentes e novas licencias.
- Resolver o erro detectado ao respecto da unidade de medida da pendente de cuberta dos NNRR de 40% a 40º.
- Adaptar as condicións dos peches en solo rústico.
- Aclarar mellor a independencia do espazo baixo cuberta ao respecto da planta inferior.
- Resolver erros detectados no cadro de compatibilidades de uso industrial ao respecto dos niveis de ruído admisibles.
- Resolver erros detectados no cadro resumo de usos.
- Actualizar a normativa sectorial de referencia en materia de costas á vixente.