1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este venres 19 de abril ás 20:00 horas da tarde na sala de desfiles da Mostra do Encaixe, desvelarase publicamente todo o programa promocional do Concello de Camariñas que leva desenrolándose dende hai seis meses. O video central deste proxecto será proxectado xunto ao conxunto de actuacións como non podía ser doutro xeito no máis importante certame encaixeiro do mundo, verdadeiro escaparate do noso concello cara o exterior. Todos aqueles que desexen asistir a esta presentación en sociedade de Eu Son Camariñas poderán facelo solicitando a súa entrada gratuita por medio da web oficial do programa neste enlace de reserva para ver a presentación que realizarán os protagonistas e creadores deste impresionante video. Así mismo tamén queremos lembrar desde esta web que todos os camariñáns están invitados a este acto que se celebrará este venres 19 de abril na sala de desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas.

 

Engadir un comentario