Dende hai uns meses un grupo de profesionais do sector audiovisual está a traballar nun proxecto co propósito de elaborar un video promocional de todo o concello de Camariñas. O programa denominado "Eu son Camariñas" está protagonizado, tal e como adiantaba un destes protagonistas en Radio Nordés Cadena Ser, por un variado repertorio dos músicos máis virtuosos de toda Camariñas dos cales algún deles saíron da Escola Municipal de Camariñas para máis orgullo patrio. Este video será presentado polo  propio Concello de Camariñas próximamente e para elo realizarase un acto no cal se proxectará este traballo cinematográfico en rigurosa exclusiva que se está a realizar e ao cal estarán invitados todos os veciños do concello. Para rematar dito video clip os creadores do guión precisan incorporar a este proxecto varios participantes para completalo definitivamente, para o cal se pedíu expresamente a colaboración dos centros educativos do concello. Así estes comunícannos que se necesitan voluntarios que queiran aparecer neste ambicioso proxecto audiovisual no cal se precisan os seguintes perfiles: mariscadoras, percebeiros, mariñeiros, empresas, palilleiras, escolas, etc... así como todo aquel que teña algo orixinal que ofrecer, e se está directamente relacionado coa música ou o mar no noso concello moito mellor. Todos aqueles que desexen participar neste proxecto poden facelo enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 679 871 599.

Engadir un comentario