1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este vindeiro sábado, 5 de xaneiro, a espectacular Cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o Concello de Camariñas ten preparada para celebrar este santo día, percorrerá todas as parroquias do concello. Comezará a súa particular singladura real pola meirande parte das rúas municipais a partir das 11:30 horas e rematará no pavillón municipal de Camariñas. Neste pavillón será onde se celebre a pertinente recepción oficial dos Reis Magos a partir das 19:30 horas da tarde deste sábado 5 de xaneiro deste xeado comezo de ano 2019.

O itinerario das paradas é o seguinte:


Xaviña (11:30 h. e 17:30 h.)
Arou (13 h.)
Camelle (15:30 h.)
Ponte do Porto (16:30 h.)
Camariñas (19:30 h.)

Nalgunhas zonas ás Súas Maxestades de Oriente terán que cambiar de vehículo para poder chegar a un maior número de fogares e así compartir a felicidade destes momentos con todos e cada un dos nenos do noso concello.

ADXUNTAMOS OS MAPAS DAS RUTAS


Engadir un comentario