Despois dunha vaga de temporales de vento, chuvia e frío que asolaron a costa de Camariñas estes dous derradeiros meses comezan a vislumbrarse máis polo miúdo todos os destrozos ocasionados polas inclemencias do tempo. E eso que aínda non chegamos a inaugurar o inverno, pero aquí xa estamos completos en canto a temporales se refire. O caso é que esta tarde a redacción desta web procedía a realizar un pequeno paseo dominical pola pista de Reira e cal foi a sorpresa que estaba cáseque impracticable. Tan só pasando polo traxecto que descurre dende a praia de Area Longa ata a Pedrosa o camiño resulta impracticable para un vehículo de clase suv, case un todoterreno, así que non nos queremos imaxinar si vamos cun simple utilitario. 

En fin, aquí xa sempre dixemos que esta parte da costa camariñana, unha das zonas máis belas de Galicia e emblema da Costa da Morte, debería estar accesible para todos os turistas e visitantes que queiran desfrutar desta paraxe natural única como o é toda a zona de Reira, Faro Vilán e Trece.

A verdade é que non conseguimos entender como ano tras ano se gastan moreas de partidas presupostarias en rechear de zahorra estas pistas cando se debería ter instalada unha carretera asfaltada como deus manda, cumprindo todos os requisitos medioambientais e, sobretodo os de seguridade vial.

Alguén debería tomar cartas no asunto e resolver este despropósito máis cedo que tarde e adecuar Reira para un desenrolo turístico beneficioso para todos os veciños do concello.

 

Engadir un comentario