1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha decena de profesionais do sector turístico da costa galega participou hoxe, luns 3 de decembro, no 'Fam Trip' Ruta dos Faros dedicado a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta que se atopan nos concellos do territorio do GALP Costa da Morte. O obxectivo principal desta iniciativa é dar a coñecer os recursos turísticos máis salientables do territorio.

Un 'Fam Trip' no Faro Vilán de Camariñas para coñecer os encantos do territorio de Costa da Morte

O grupo foi recibido pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, no Faro Vilán, onde se levou a cabo unha presentación da ruta e onde, ademais, se nomearon os lugares turísticos de maior importancia, tanto do municipio camariñán como do resto de territorios da Ruta dos Faros.

Así mesmo, o programa incluíu a visita ao Secadoiro de Congro Lemar e ao Santuario da Virxe da Barca -Muxía-, entre outros. Ao longo da xornada, os participantes visitarán tamén o Museo Man de Camelle e realizarán a Ruta da Mariscadora e a dos Naufraxios.

O faro Vilán centro do sector turístico da Costa da Morte
O faro Vilán centro do sector turístico da Costa da Morte

Engadir un comentario