1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este pasado fin de semana celebrouse outra exitosa edición da ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ no Concello de Camariñas. Nesta ocasión contou con moi diversas actividades cos naufraxios da costa camariñana como tema común de unión entre elas. Así pudemos desfrutar durante estes días de representacións teatrias, relatorios por diferentes puntos do concello, así como tamén se realizou unha sesión infantil na que os máis veciños máis pequenos do noso concello tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos naufraxios máis importantes acarcidos no noso litoral. Pero si as anteriores actividades tiveron éxito, o concurso de tapas preparado para este evento foi  o cumio a esta fin de semana dos naufraxios. 

Máis de 20 establecementos hostaleiros do concello participaron nesta iniciativa poñendo toda a súa sabiduría culinaria para elaborar as mellores tapas que degustaron centos de veciños e visitantes. Todo un éxito que terá que volverse a repetir e, ao mellor, facelo con menos intervalo de tempo entre edicións. E aquí, en Camarinas.eu queremos aportar tamén o noso graíño de area a esta importante iniciativa que cada ano se está a asentar máis e máis e facer un resumo do acontecido neste xa clásico a pesares da súa xuventude "Fin de Semana dos Naufráxios". E, como non, dar a noraboa a organizadora de todo este evento, a concelleira de comercio e amiga desta redacción María José Gerpe.

O venres 16 estivo dedicado os naufraxios en Camelle e leváronse a cabo dúas actividades, por un lado un Relatorio a Cargo de Fernando Patricio Cortizo que versou sobre os “Naufraxios e rescates en Camelle” e despois houbo unha representación teatral no peirao.

O sábado 17 o relatorio foi en Camariñas co título “Naufraxios patrimonio e creatividade” contaron ca presenza de Miguel San Claudio, Bernardino Martínez e Rafael Lema.

O domingo 18 estivo centrado nos nenos que tiveron a súa “Tarde de Naufraxios infantil” onde tiveron animación relacionada cos naufraxios, contacontos, debuxos, etc.

Tamén para os nenos de 6º de primaria do Areal e do Allo tivo lugar una Ruta guiada dos naufraxios que se realizou o luns.

Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas puideron degustar durante todo o fin de semana a ‘Ruta de Tapas dos Naufraxios’ na que participaron 19 establecementos que ofertaron tapas por 1 euro; tapas relacionadas cun barco naufragado. Participaron nesta ocasión A Ría, Bar Playa, A Moleda, BelMar, Oasis, Confitería Camariñas, San Remo, Taberna do Bico, Cafetería Cnc, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería A Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.

Cáseque un cento de persoas completaron correctamente o cartón dos cales tíñase que rechear seis cupóns. O resultado final do Concurso foi o seguinte:

Gañadores do Concurso de Tapas


1ª tapa: Casón. La Tavernetta
2ª tapa: Santa María. Taverna Do Bico
3ª tapa: Prestón. A Moleda

Participantes gañadores do sorteo:


1º Premio 120€, para Isabel Vidal Añón
2º Premio 60€, para Mar Campaña Martínez
3º Premio 30€, para Paula Romar Lema

Paula Romar Lema, unha das gañadoras do sorteo na Fin de Semana dos Naufraxios de Camariñas
Paula Romar Lema, unha das gañadoras do sorteo na Fin de Semana dos Naufraxios de Camariñas

Engadir un comentario