1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas celebrará do venres, 16 de novembro, ata o domingo 18 a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que tivo que ser aprazada debido ao temporal. Así, a vila vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas, nun evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades. Este ano, posposto pola alerta laranxa, celebrase unha semana despois do aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’, no que o cruceiro da Royal Navy afundiuse en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá o sábado, a partir das 21 horas, unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. E tamén o venres en Camelle poderá asistir á teatralización dos Naufraxios en Camelle que terá lugar no peirao ás 21:00 horas.

As teatralizacións serán o venres en Camelle e o sábado no cemiterio dos ingleses. Do venres 9 ao domingo 11 haberá unha Ruta de Tapas na que participan 20 establecementos. Levaranse a cabo rutas guiadas dos naufraxios.

Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas poderán degustar durante todo o fin de semana a ‘Ruta de Tapas dos Naufraxios’ na que máis de 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, Oasis, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Cnc, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería A Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.

Para aqueles que enchan o cupón con 6 das tapas participantes o Concello de Camariñas sorteará 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todos os que proben as 6 tapas recibirán un agasallo dunha gorra-viseira. O horario para probar as tapas da ruta é de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas.

Por outra banda, haberá o domingo unha andaina guiada para adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. É imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Relatorios en Camelle e Camariñas achegaranos ás historias de naufraxio e rescates e para os máis pequenos obradoiros e actividades o sábado.

Cartel da Fin de Semana dos Naufraxios en Camraiñas
Cartel da Fin de Semana dos Naufraxios en Camraiñas

Engadir un comentario