1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas, consciente da problemática do consumo desmesurado de electricidade, continúa coa súa política de aforro enerxético. Agora, acaba de rematar de substituír un total de 45 luminarias por tecnoloxía LED no lugar de Dor, na Ponte do Porto, unha actuación valorada en 7.094,84 euros.

Grazas a elevada eficiencia das lámpadas LED, con esta actuación conséguese un dobre obxectivo: diminuír o consumo eléctrico e aumentar a luminosidade na zona. Ademais, esta tecnoloxía tamén é máis respectuosa co medio ambiente xa que emite menos CO2.

Para esta importante actuación en Dor destináronse 7.094,84 euros

Desde o ano 2013 o Concello de Camariñas continúa a tomar medidas para gastar menos e mellor valéndose da tecnoloxía LED. Estre proxecto de renovación de luminarias forma parte dun programa da Deputación da Coruña dentro do seu Plan Provincial de Medio Ambiente PMA 2016.

Engadir un comentario