- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 20 Outubro 2018 20 Outubro 2018
Proximamente o Concello de Camariñas sacará a licitación tres proxectos de mellora de estradas e alumeado público valorados, en total, en 119.933,09 euros dos que 114.206,08 euros están financiados con cargo ao POS+ adicional da Deputación da Coruña e 5.727,01 euros proveñen das arcas municipais.
As obras están financiadas con cargo ao POS+ adicional da Deputación da Coruña e con fondos municipais.
Na parroquia de Xaviña destinaranse 44.551,93 euros á mellora dos firmes mediante aglomerado asfáltico dos núcleos de Sixto e Pións e 45.350,90 euros para acometer a reparación do firme en Covadiña, tamén con aglomerado asfáltico. Por outra banda, mellorarase a eficiencia enerxética na avenida Eugenio López e nos núcleos de Lamastredo e Cancela a través dun proxecto valorado en 30.030,26 euros de substitución de 9 luminarias por outras con tecnoloxía LED.
Na avenida Eugenio López, situada no centro de Camariñas e que dá acceso ao pavillón municipal, cambiaranse 4 luminarias; en Lamastredo 3 e en Cancela 2. Con esta actuación preténdese mellorar a luminosidade destas zonas e ademais lograr un elevado aforro grazas ao baixo consumo das lámpadas LED.