1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Do 16 de outubro ao 9 de novembro o encaixe de Camariñas estará presente en Mallorca. Máis concretamente na exposición ‘Al Vent’, na que se poden atopar 8 preciosos abanicos de encaixe de Camariñas xunto con outros 40 exemplares de artistas das Baleares.

Na mostra hai 8 abanicos de encaixe de Camariñas dos que dous son creación da artista local Purificación Lema del Rio.

A artista local porteña, Purificación Lema del Río, aportou dous dos oito abanicos de Camariñas que se poden ver dentro desta importante exposición que xa percorreu varias localidades das illas e que pronto se trasladará á península. O vínculo de Camariñas coa mostra ten que ver co seu comisario, Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vinculada ao noso municipio desde o desastre do Prestige.

Engadir un comentario