- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Marzo 2008 05 Marzo 2008
O Rei do Congrio

Camarinas.eu segue recordando a antiga flota de Camariñas e agora trae ás súas páxinas o barco Ana María propiedade da familia Blanco Campaña e que constituío un caso insólito na costa por tratarse dunha embarcación que ao longo da súa dilatada existencia sempre tivo a mesma tripulación, composta nun primeiro momento polos seus donos, José Blanco e o seu cuñado Ramón Campaña, Piñolo, O Dejo e Juan de Eugenia, aos que posteriormente se lles sumarían debido ao éxito nas capturas de quintales de congrio (das que o Ana María era o líder intratable da Costa da Morte) Fernando de Mundina, Trigo, Enrique da Quisindina e Eduardo "O Rubio".
Concretamente esta foto foi sacada o día da chegada do barco ao porto de Camariñas provinte de Cee, onde fora construido a principios da década dos sesenta. Neste punto o noso fiel lector Xosé Luís Blanco Campaña lémbranos que o nome orixinal do barco era "Ana Marichu" pero que debido a un error burocrático do finado Manolo de Dora na Ayudantía de Marina a embarcación foi bautizada finalmente como "Ana María" debido a que se trabucou na filla de Ramón Campaña elexida para nomear o barco (María por Marichu), errores que tan habituais eran por aquel entonces, alomenos eso é o que se conta. En calquer caso en camarinas.eu seguiremos lembrando as embarcacións míticas de Camariñas sobre todo se veñen acompañadas de estampas tan fermosas.
O Rei do Congrio
Camarinas.eu segue recordando a antiga flota de Camariñas e agora trae ás súas páxinas o barco Ana María propiedade da familia Blanco Campaña e que constituíu un caso insólito na costa por tratarse dunha embarcación que ao longo da súa dilatada existencia sempre tivo a mesma tripulación, composta nun primeiro momento polos seus donos, José Blanco e o seu cuñado Ramón Campaña, Piñolo, O Dejo e Juan de Eugenia, aos que posteriormente se lles sumarían debido ao éxito nas capturas de quintales de congrio (das que o Ana María era o líder intratable da Costa da Morte) Fernando de Mundina, Trigo, Enrique da Quisindina e Eduardo "O Rubio".
Concretamente esta foto foi sacada o día da chegada do barco ao porto de Camariñas provinte de Cee, onde fora construido a principios da década dos sesenta. Neste punto o noso fiel lector Xosé Luís Blanco Campaña lémbranos que o nome orixinal do barco era Ana Marichu pero que debido a un error burocrático do finado Manolo de Dora na Ayudantía de Marina a embaecación foi bautizada finalmente como Ana María debido a que se trabucou na filla de Ramón Campaña elexida para nomear o barco (María por Marichu) errores que tan habituais eran por aquel entonces, alomenos eso é o que se conta. En calquer caso en camarinas.eu seguiremos lembrando as embarcacións míticas sobre todo se veñen acompañadas de estampas tan fermosas.
{multithumb}
Comentarios
J
j
O barco Ana Maria era propieda de JOSE BLANCO MARTINES (o lamastredo)y seu cuñado RAMON CAMPAÑA RAMOS (peitiños).e fui feito na ponte do porto e levou o nombre de ANA MARIA por que o finado de Manolo de dora non lle quixo poñer Ana Marichu e despois fui vendido para a coruña.E tamen fui o mar con eles o Barreiro moitos anos.Esta e a version verdadeira
Bonito reportaxe,esto e o que fai falta despertar a memoria de Camariñas,xunta ca nosa fala,e noso tesoro.
Sijo oppinando que e un reportexe excelente
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.