4.5434782608696 1 1 1 1 1 Rating 4.54 (46 Votes)
Sobre as 16:00 horas deste martes 4 de marzo comenzaron oficialmente as obras para a construcción da segunda fase do paseo marítimo de Camariñas, que continuará o trazado actual ata chegar ao espigón vello no que se realizará un trazado peatonal. As obras foron adxudicadas polo goberno socialista de Touriño da Xunta de Galicia cun orzamento de 1,5 millóns de euros e serán levadas a cabo pola empresa de construcción Lopez Cao.

Sen dúbidas con este novo paseo marítimo o pobo de Camariñas terá a fachada marítma que merece e unha das máis fermosas da zona, aumentando desta forma Camariñas o seu potencial turístico cun importante espacio de lecer onde os cidadáns poderán pasear tranquilamente admirando o noso porto. Agora tan só queda que Portos de Galicia ou calqueira outra administración competente tiren con esa vergoña que significa as columnas que están situadas diante do Restaurante Puerto Arnela (e xa mundialmente coñecidas debido ao seu valor arquitectónico como "Petra" ou "Persépolis"). Pulsa na foto para ver o video capturado in-fraganti do comezo dunhas obras que serán históricas.

Comentarios   

Pion
+2 # RE: Exclusiva: Comeza a segunda fase do paseo marítimo de CamariñasPion 04/03/2008 18:11
hola a todos esta ben que fagan cousas en camariñas pero primeiro antes de faser paseo ningun ¿porque non levan a merda dos alcantarillados para fora da ria? que cando vaixa a marea e unha vergonsa co que cheira,¿alguen me pode contestar si o van a faser?
Responder | Denunciar ante o administrador
Pauliña
0 # Pauliña 05/03/2008 01:36
Hola a todos, estón dacordo co pion.
o primeiro que se me ven a cabeza cando lin a noticia foi o mesmiño ca el.
Sacan ou non sacan os alcantarillados?
Estón moi contenta de que se fagan melloras no pobo, encantame cando vou de vacacións e vexo as cousas novas que se fixeron; pero todas esas cousas hai que facelas ben.
Estou segura de que a segunda fase do paseo, ó igual ca anterior, vai a quedar moi bonita; pero, por desgracia, a marea baixa tódolos dias e cando eso ocorre, bonito e agradable non son precisamente adxectivos para definir o lugar.
É realmente unha pena!!
Responder | Denunciar ante o administrador
pepe rey
0 # pepe rey 05/03/2008 09:33
Bos dias atodos oque estan afaser esta muiben xatiña que estar feito hai muito tempo,pero nunca e tarde,onte paseando por donde estavan fasendo orrecheo sertas personas se queixavan de que estavan a cavando copatrimonio do pueblo,eu meprejunto e a merda patimonio do pueblo,porque ali solo seve merda, umpouco mas fino lixo,tamen catro jameleros se queixavan,donde a marramos as jamelas,señores no hai sitios no porto de camariñas donde poñer as jamelas,nunca chove ajusto de todos,asi fixeron cando se fixo a misma operasion donde se fasia a festa do carmen,por culpa de catro armadorillos nonse entullen mais cacho,desian donde bamos a barar os nosos navios,pero bueno mirando de quen dixo eso nonme estraña,oque escuiten onte,porque nunca estaran contentos...
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # ALGO E ALGO....hombre lobo 05/03/2008 11:38
E NADA E NADA.DACORDO QUE O LIXO AINO QUE QUITAR DA FACHADA CANTO ANTES,DE SEGURO QUE SE ESTA A TRABALLAR NISO TAMEN...TEMPO O TEMPO,QUE ATA FAI CATRO ANOS TIÑAMOS O MALECON AZUL QUE ERA MAIS PROPIO DA HABANA.SEGURO QUE ISTA SEGUNDA FASE PASARA A DARLLE UN ASPECTO MAIS ACTUAL A OS MUNDOS QUE CORREN E REVALORIZAR O NOSO "CAMPO" DE CAMARIÑAS.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mortician
0 # Mellor Tarde Que Nunca........Mortician 05/03/2008 12:02
Cuando ficheron o paseo maritimo tiñan,que facer ese cacho tamen.......... ..Pero bueno menos mal co fan...Vai quedar muy bonito eso seguro......... ...
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # SEN CARTOS...hombre lobo 05/03/2008 12:17
SEN $$$$$$$$$ NO SE PODE FACER NADA ABOGADO.VEMONOS NO TALLER.
Responder | Denunciar ante o administrador
marisolsoneira
0 # Actuación integralmarisolsoneira 05/03/2008 12:44
Para sacar algunhas das dudas que manifestades, sobre a obra que se está a facer no Campo:

1º- Recóllense TÓDOLOS vertidos. Vaise facer un pozo de decantación no recheo que se está facendo para bombear tódolos vertidos cara a depuradora que se vai a construír en Portocelo.

2º- Faise muro, con cara de atraque, a todo o largo da praia do Campo e aprovéitase para dragar hasta a rampiña das gamelas que hai no Curbeiro (antes da fábrica do xeo). Mañán xa veredes as máquinas alí aprobeitando a marea.

3º- A obra segue a mesma estética que o paseo que xa está feito ate o Cansorro e cubrirase con madeira e unha ponte moi bonita a Dársena na súa totalidade (por encima dos muelliños, claro).

4º- Portos de Galicia xa está redactando o proxecto para a parte do Casino. Con iso completaremos toda a fachada marítima de Camariñas.

5º- Na mesma obra está incluída a mellora e reacondicioname nto das rúas que están no entorno da praia do Campo.

Espero que a información vos interese e vos sirva.

Saúdos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pauliña
0 # Pauliña 05/03/2008 14:24
Moitisimas gracias pola aclaración Marisol.
xa me gusta máis a cousa, un proxecto interesante, si señor.
xa era hora de que lle cambiaran a cara o pobo.
A ver si cando vaia no verán xa hai algo listo.
Gracias.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 05/03/2008 14:41
grasias marisol pola informasion,e a seguir traballando
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+1 # SALUDOS MARISOL....hombre lobo 06/03/2008 11:57
GRACIAS PO-LA INFORMACION...D E PRIMEIRISIMA MAN.ERES UNHA PERSOA DA QUE MOITOS NOS SENTIMOS ORGULLOS.VEMONO S NA MOSTRA.¡¡¡¡¡AUA UUUUUUUUU!!!!!! !!
Responder | Denunciar ante o administrador
Xose
0 # Sobre a darsenaXose 06/03/2008 12:16
Paréceme moi ben o do paseo pero sempre que se conserve e non fagan desfeitas no pozo do muelle, como é acostumado en Camariñas; O Castelo, O antigo faro, etc. A Darsena é o porto máis antigo, xunto co de Corcubión, da Costa da Morte,aparecend o en textos e cartas dende 1740 e dicindo que fora construído polos antigos mariñeiros da vila.
Responder | Denunciar ante o administrador