1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas instala 100 trampas para vespa velutina. O obxectivo é atrapar as raíñas que viven entre marzo e xullo antes que fagan os niños.  Segundo Xesús Asorey, biólogo da Asociación Galega de Apicultores (AGA) “cada vespa velutina que se colla nesa época é un niño menos que vai aparecer despois”.

Esta medida está tomada do plan de choque que AGA presentou a Xunta de Galicia, que é quen ten a competencia nesta materia. Pero dado o silencio que hai vése que foi rexeitada. Recordar que o pasado 14 de decembro nunha xornada sobre a vespa velutina os representantes da Xunta de Galicia manifestaron que estaban valorando a opción de abandonar a loita contra a praga.

A vespa velutina debora insectos e froita. O insecto ao que máis ataca é á abella que é a encargada de polinizar as flores e imprescindible para que teñamos froito. O Concello de Camariñas non se vai retirar e a pesar de non ser competencia propia vai seguir asumindo o control desta guerra no noso municipio.

Animamos a todos os veciños a instalar unha trampa nas súas leiras e xardíns, sobre todo a velutina frecuenta os limoeiros, laranxeiras e camelias.

Engadir un comentario