- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Marzo 2018 07 Marzo 2018
O Concello de Camariñas ven de licitar dúas obras que, aínda que en apariencia modestas, van a contribuír a mellorar considerablemente a calidade de vida dos veciños que viven na súa contorna. Son o camino do paraxe dás Paxariñas e a rúa Tras das Hortas no emblemático rueiro do Campo.
A primeira delas, a mellora do camino municipal na pararaxe dás Paxariñas, na parroquia de Xaviña, ten un orzamento de algo mais de cincuenta mil euros e consiste básicamente no desbroce de maleza no conxunto da actuación, a limpeza dás marxes e cunetas, preparación do firme para o seu tratamento e pavimentación posterior. Esta é unha vella demanda dos veciños da zona e dos moitos usuarios da “ruta do colesterol” de Xaviña que visitan a cotío este precioso lugar onde se unen o Río Grande e o Río de Pescadoira.
A outra actuación, na rúa Tras das Hortas, ten case oitenta e un mil euros de orzamento e abordará unha renovación completa da rede de saneamento e dotación de recollida de pluviais para logo pavimentar con cemento pulido e lousa de granito que vai cambiar radicalmente a estética da mesma. Tamén neste caso dase resposta a unha ansiada demanda dos veciños que alí viven.
Alegrámonos, dende camarinas.eu, que na axenda municipal teñan cabida pequenos investimentos e obras, aparentemente cativas, que fan a nosa vida diaria un pouco mais fácil.