3.6479591836735 1 1 1 1 1 Rating 3.65 (196 Votes)

A nova sección de Mikel

CSI Camariñas: A nova sección de investigación de camarinas.eu
CSI Camariñas: A nova sección de investigación de camarinas.eu

Camarinas.eu tiña o compromiso adquirido dende fai dúas semanas de darlle unha sección a Mikel e agora procede a cumprir a súa palabra co primeiro episodio do CSI, Campo Scene Investigation, onde o noso fiel usuario Mikel levará a cabo unha labor de investigación microscópica que poñerá ao descuberto aquelas persoas, paraxes, feitos ou datos descoñecidos para o gran público camariñán. Hoxe para comenzar réndelle a homenaxe que merecía unha personalidade histórica de Camariñas.

CSI Camariñas: Episode 1

Manuel Pasantes Mouzo, Lalo, un mariñeiro histórico de Camariñas
Manuel Pasantes Mouzo, Lalo, un mariñeiro histórico de Camariñas

Nesta nova etapa de colaboración con Camarinas.eu, quero comenzar agradecendo o apoio recibido por usuari@s de moita índole para min, e polo tanto o Pobo manda. Tratarei diversos e variopintos temas. Buscarei noticias onde non as haxa. Descubrirei ao mundo o talento e lugares emblemáticos de todo o Concello con especial mención a nosa Vila dos Encaixes. Buscarei ca miña lupa microscópica curiosidades e feitos que se moven entre nós, será unha sorpresa cada contido ata para o noso queridisimo Director:"Diegonet".

Don o pistoletazo de saída cunha persoa que xa no seu día foi obxecto captado por La Voz de Galicia. Mariñeiro de nacemento e un dos mellores Patróns de Pesca que se acordan en Camariñas, información contrastada cos nosos antepasados. O primeiro Buzo (Rana) que se sumerxío nas nosas tenebrosas augas e acantilados, coñecedor das pedras percebeiras (heredada polo seu fillo Manolo, actualmente Rana en activo); descubridor do famoso banco de Camarón na Roda de Nemiña, camarón coma "Toletes"; coñecedor dos mellores cascos de barcos afundidos e polo tanto grandes criadeiros dos máis grandes lumbrigantes e langostas desaparecidas das lonxas xa fai uns anos; inventor do aparello fino, palangres que onde colgaban non se lle podían resistir os besugos e merluzas. Patroneou entre outras, o lexendario "Vulcano" cunhas das mellores tripulacións que se recordan no noso porto. Pero a súa xubilación non pudo parar a un corazón que actualmente reposa ao lado da súa familia e amigos xogando de vez en cando unha partidiña de barallas no bar de Corea por excelencia: o "Bar Arnela". Padrazo de sete fillos e moitos netos que son o exemplo e orgullo do noso pobo: Gelinita, Pilar, Jola, Charo, Carmencita, Lisa e Manolo.

Home de ben, experimentado nas duras etapas de transición da nosa España, que demostrou que o amor non ten fin ao lado sempre da súa querida Gelina. Mans curtidas que agora move facendo as mellores miniaturas artesanais, sen electricidade, a pelo (deixo para ledicia de todos nós unhas fotos onde poderedes apreciar algunhas das manualidades que realiza: nasas,cabazos,barcos,caracolas,etc).

  Con todos vós:

Manuel Pasantes Mouzo ""LALO"", nacido en Camariñas na primaveira do 1933...

Mikel-Din q foi vostede un dos primeiros homes en baixar ao fondo de Buzo:
Lalo-Pois creo que o primeiro foi Manolo de Camuel e despois seguin eu.Por aquela época chegaban os traxes de rana e osíxeno as nosas antigas costumes do mar.

M-Coñecedor dos mellores cascos de barcos afundidos, onde crían as mellores langostas, lubrigantes e congrios de tamaño descomunal, ¿Qué futuro lle ve a Pesca de Baixura?
L-Na actualidade fallou moito a cantidade pero como o seu prezo aumentou, compensa igual. A xente nova ten que coller conciencia e respetar, tamén facer barcos novos para seguir ca tradición de toda a historia mariñeira.

M-¿De onde lle ven ese arte facendo miniaturas artesanais?
L-Nada, vendo cousiñas que facían outros, decidinme tamén a facer algo para matar o tempo.Cando estaba activo non pensaba nestas cousiñas, non tiña tempo. 

M-¿Onde está o secreto para que o Amor sexa eterno en parella?
L-¡Buf, vaia pregunta eh!, pois non sei, quizás hoxe en día non se aguante nada, por calquera cousiña unha parella xa se rompe. Tamén é certo que hai que saber respetar sempre e como o primeiro dia.

M-¿Pon de menos algunha vez o mar?
L-Sí oh. Cando me retirei paseino mal uns meses. Despois vaste acostumando, na vida a todo se acostuma un, da gusto ver a xente traballando e navegar polo mar, eso ponse sempre de menos.

Falando cun vello amigo ás portas do seu querido bar Arnela
Falando cun vello amigo ás portas do seu querido bar Arnela

Unha vez rematada a entrevista co mítico camariñán Lalo, adentreime nun tema delicado e inesquencible para o pobo de Camariñas: Transcurría o mes de Agosto, un 16 concretamente, do ano 1979, cando nunha templada mañá o Vulcano non foi ao mar. Por aquel entonces a xente mariñeira iba ao famoso Canto, o mellor banco de merluza naquela época. A sorte, azar ou Deus fixeron que non hubera carnada e o Vulcano non fose ese dia ao mar.
Manuel Pasantes estaba no Bar Curbeiro como tódalas mañáns, a súa familia estaba na casa, abaixo Gelinita, Lisa, Pilar, Jola e demáis fillos. Arriba Manoliño,  o fillo e único varón da familia. Tiña que estar só pois tiña un virus estomacal e para evitar contaxios estaba aislado na súa habitación. De repente uns veciños viñeron alertando de que saía fume e laparadas pola ventá da habitación onde se atopaba Manoliño de Gelines. Unha das súas fillas foi correndo a avisar ao seu pai, este sin dudalo un só instante corrío ata chegar a súa casa, efectivamente consumábase o peor, a casa empezaba a destrozarse cas laparadas. Pedro de Quisindín, un veciño que estaba alí, tiraba cubos de auga para intentar sofocar o lume. Lalo entrou polo balcón a buscar o que pensaba iba ser cadáver, entrou a escuras entre tanto fume e poido tocar a cabeza do seu fillo. Arrastrouno malamente como pudo e pasoullo a Pedro de Quisindín polo mesmo balcón. A fatiga de Lalo deixaba marcados os seus beizos con borralla e totalmente afumascado. Ningún dos ali presentes acababa de creer que Lalo poidera entrar na casa e saír vivo. Este relato vivíose en Camariñas nunha época onde non habia bombeiros nin protección civil, solo o atrevemento e valentía dun lobo de mar pudo loitar e contrarrestrar semejante desgracia que pudera haber pasado si ese dia Manuel Pasantes fora a pescar como un dia normal, menos mal que ese dia non habia carnada. Dende aquel fatidico día, o Vulcano non volvío a faenar ningún 16 de Agosto. Hoxe en día podemos seguir disfrutando do noso querido veciño Manoliño, que aparece na foto ca súa dona Montse de Ruperto. Ata aqui a azaña de Manuel Pasantes ""Lalo"" en tódalas facetas da súa experimentada vida.

Pois non quero molestalo máis, sempre atento hacia min, con esa mirada que desprende sabiduría e experiencia, don por finalizado o meu primeiro reportaxe, esperando fose do voso agrado e agradecendo profundamente a colaboración do noso talento camariñán. Moitas Gracias Lalo por brindarnos este cachiño do seu tempo. Unha aperta a toda Familia.

Comentarios   

corvo
0 # csicorvo 28/02/2008 22:54
un bo reportaxe mikel.cando o vin pasoume algo polo corpo .VULCANO como nos lle chamabamos no mar a LALO ,pa min fui o millor patron que tuben eu en 20 anos de mar ,e coma persona,no na encontrein millor en camariñas, e inda hoxe cando bon de vacasions siempre temos 1 momento pa falar..que DIOS o conserve moitos anos e desde aqui 1 saludo moi jrande pa el e toda sua familia .JRASIAS MIKEL enhoraboa polo reportaxe exsesional .mersi
Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 28/02/2008 23:16
Eso e o teu miguel sigue asi,estas cousas son o que nos gusta a xente de Camariñas,hay que darlle un gran homenaje a todos/as xente de edad e traballadora de CAMARINAS.Lalo mereseo .
Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 28/02/2008 23:33
hola mikel sigue asi que da gusto leer historias destas,teslle que faser unha entrevista a señor chuco o da dansa de arcos
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # lalorubiasexy 28/02/2008 23:53
carajo que eston bendo no me lo creo meu cuñado lalo si señor de masiodo,,,es to si que estaben grasias migel ti si que sabes grasias iego tamen ,,,graaaaaaaaaa asiasssssssssss sssss sefa ...........
Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # FELICIDADES MIKELhombre lobo 29/02/2008 10:44
NORABOA MIKEL,PO-LA REPORTAXE E PO-LA SECCION.GUSTOUM E QUE NO TEU PRIMEIRO NUMERO ADICARAS A O SEÑOR LALO HOME DE MAR ,HOME DE BEN ,HOME DE BOA FAMILIA,HOME DE CAMARIÑAS.
Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # GUSTANCHE AS RUBIAS ¡¡¡¡EEEHHHHHHHH H!!!!hombre lobo 29/02/2008 10:49
OLVIDAVASEME DICIRCHE QUE ME TES QUE PRESENTAR A TUA COMPAÑEIRA DA PORTADA,POR CERTO MOI LOGRADA,ESTE DIEGO E UNICO E A RUBIA¡¡¡AUAUUUU UUUU!!!!
Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 29/02/2008 12:18
si non o vexo non o creo pois meu pai para faselo falar para un reportaxe costa traballo.non sei como o consejistes.jra sias por todo.
Denunciar ante o administrador
tedin
0 # mikeltedin 29/02/2008 12:22
para ser a tua primeira entrevista esta a tope sigue asi campeon
Denunciar ante o administrador
Edurne
0 # Edurne 29/02/2008 13:23
Explendido Mikel,esperarem os al proximo como agua en Mayo,sinceramen te Genial
Denunciar ante o administrador
zidan
0 # zidan 29/02/2008 15:56
eres o maximo campeon ese si que e un reportaxe a verdad que fas majas eu me quedo asombrada do que ti sabes facer o maximo sin duda sigue asi e non cambies.moi ben un 10.
Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # Gracias Mikelgancho loco 29/02/2008 16:00
Moitas gracias po lo reportaxe, foi xenial.
Denunciar ante o administrador
montserrat
0 # montserrat 29/02/2008 21:39
Miguel un reportaxe xenial,sigue asi que o estas facendo moi ben.Justounos muito, un saudo de teu primo Manolo e Montse.
Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # juanillo 29/02/2008 22:44
si señor,mijel.o primer reportaje e tócalle a meu abuelo,para min o mellor patrón(sin desmereser os demais) do mundo.alejraste me o dia xa
Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 01/03/2008 20:58
MIKEL estupenda a reportaxe de lalo sije asi encantoume .nonche puden falisitar antes por que levo unhs dias sin poñerme no ordenador saludos
Denunciar ante o administrador
marisolsoneira
0 # Un exemplo para todosmarisolsoneira 02/03/2008 10:48
Noraboa Mikel pola túa sección e felicidades por haber escollido para a túa primeira colaboración a Lalo, unha das mellores persoas que coñezo e, posiblemente, o catedrático da pesca de Camariñas e da Costa da Morte. Son as persoas coma Lalo as que teñen moito que ensinar e os profesores da vida, coma ti, os que estades chamados a transmitir esas experiencias que, en moitos casos, xa quedaron na memoria do tempo. Felicidades Mikel e felicidades a Diego pola súa aposta.
Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 02/03/2008 16:25
Estupenda entrevista que lle fixestes a meu abuelo Lalo o mellor Patron,pescador ,buzeador...,e sobre todo unha gran persona.
Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 02/03/2008 20:46
Holaaaaa
Mikel a sección está guay,gustounos moitisimo.
A ver con que nos sorprendes a semana que ven.
Por certo,estás moi guapo na portada.ja
Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 03/03/2008 12:30
bravo vicepresi eres o maximo si sr o proximotes que sacarllo o meu tio cruceiro compañeiro e cuñado de lalo felicitacions
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.