1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas ven de asinar un convenio con Cáritas Diocesana de Santiago para a recollida e tratamento do residuo textil.  Así, instaláronse tres contedores onde os veciños interesados poderán depositar a roupa que queiran doar. Esta despois será clasificada por Arroupa, unha empresa colaboradora de Cáritas. Se a roupa é reutilizable entregarase a persoas que a necesitan, enviarase a terceiros países ou venderase nas tendas de segunda man. Se non é reutilizable enviarase a plantas de reciclaxe. Os contedores están situados en Camariñas, fronte a Casa do Concello, en Xaviña, na praza da Igrexa e en Camelle, na Area do Bote. Estes complementarán aos outros puntos que xa existen no Concello de Camariñas, como son o da casa do Cura de Camariñas, tamén de Cáritas, e na Ponte do Porto o de Equus Zebra preto da gasolineira e o do Eroski.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.