Na tarde deste sábado 24 de febreiro de 2018 inaugurábase a segunda edición do salón de bautizos e comunións ExpoPeques. O evento, celebrado no Restaurante A Marina de Camariñas, resultou ser un verdadeiro éxito de público e nas dúas horas que durou o acto puidéronse contar centos de asistentes a este showroom. O bo tempo reinante en toda a Costa da Morte congregou a numeroso público que chegou a colapsar o recinto. Así e todo e a pesares da gran cantidade de xente que se deu cita no Restaurante A Marina todo o público asistente pudo gozar cos desfiles da deseñadora de moda Lorena Manceñido e, sobretodo, co desfile dos traxes dos nenos e nenas que presentaron a colección de comunión 2018 de Modas Azucena. Todo un éxito que seguro terá continuidade na xornada de mañán na que os participantes do salón de bautizos e comunións ExpoPeques presentarán todas as novidades desta campaña 2018.

 

Triunfo absoluto de ExpoPeques 2018

Engadir un comentario