1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As artesás camariñás levarán ao salón de comunións e bautizos todo tipo de artigos relacionados con estas celebracións infantiles. Entre os productos confeccionados a propósito para esta edición de ExpoPeques podemos atopar dende auténticas obras de arte como son os vestidos de bautizo completamente realizados en encaixe de Camariñas como tamén complementos de alta costura como guantes de comunión, detalles de encaixe para velas, e un largo etcétera. Ademáis desta presentación as palileiras farán demostracións da súa arte durante todo o evento.

As dúas asociacións de palilleiras de Camariñas, Rendas e Puntillas, están invitadas ao salón de bautizos e comunión ExpoPeques 2018

Con esta incorporación das palilleiras ao salón de bautizos e comunións ExpoPeques, único na Costa da Morte, a organización aposta firmemente polo producto artesán máis característico de Camariñas e da Costa da Morte e da un paso máis na súa definitiva consolidación como referente deste tipo de eventos na bisbarra.

Engadir un comentario