1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
No noroeste peninsular, a milenaria coexistencia entre o ser humano e o lobo, deu orixe a manifestacións culturais únicas e moi peculiares, como son: contos, lendas, supersticións e formas prácticas de defensa dos animais domésticos e combate do lobo.

Os fojos (portugués), foxos (galego), callejas, chorcos, cortellos ou hoyas (español), trampas para a captura do lobo, na maioría dos casos construídas en pedra, son o símbolo máximo desas manifestacións culturais a nivel ibérico. Isto porque alén de ser estruturas onde a súa construción requiría un enorme esforzo e un grande número de persoas, son tamén verdadeiros monumentos de elevado valor etnográfico, cultural e científico, e, o Norte da Península Ibérica, a rexión onde existen un maior número e variedade.

Engadir un comentario