A partir deste mércores 24 de xaneiro, o Concello de Camariñas vai a poñer en funcionamento un novo servizo municipal de recollida de papel e cartón porta a porta a demanda nos establecementos comerciais do noso concello. A recollida realizarase cada 15 días, sempre en mércores. 

Dito servizo será totalmente gratuíto, polo que unicamente será necesario chamar ao teléfono do Concello de Camariñas 981 73 60 00, pulsando 1 (administración xeral), e indicar o nome e dirección do seu establecemento. Nese momento se lle informará do día e máis da hora aproximada no que se fará a recollida. Normalmente o último día para solicitar este servizo será a anterior xornada laborable que se efectúe a recollida. Así, por exemplo, o próximo martes 23 de xaneiro será o último día para chamar para esta primeira recollida do mércores 24.

Dende o responsable do departamento de medio ambiente Sergio Caamaño esperan que este servizo sexa do interés de todos os comerciantes e cree que lles van a facilitar a xestión dos residuos de papel e cartón dos establecementos que así o soliciten ademáis de contribuír á limpeza e a calidade ambiental do noso municipio. En fin, unha boa iniciativa que deberemos utilizar dende todos os establecementos comerciais do concello que seguramente redundará na limpeza e no medio ambiente do noso entorno.

Engadir un comentario