- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Febreiro 2008 25 Febreiro 2008
Nos xa sabíamos que unhas rapazas con tanto glamour, fermosura e intelixencia coma as nosas Camariñas Beauty ían a chegar lexos, pero o que non sabíamos era que isto ocurriría tan pronto. Recoñecendo a importante labor que esta humilde web está a realizar polas xentes de Camariñas, hoxe a productora Lúa Films púxose en contacto con camarinas.eu para anunciar que están a buscar figurantes de entre 25 e 40 anos para realizar un spot televisivo para a Mostra do Encaixe, pero sobre todo mostráronse especialmente interesados polas nosas catro Beautys. Pulsa na foto para ver a mensaxe que Lúa Films nos enviou e como poñerse en contacto ca mesma todos aqueles interesados en aparecer no spot televisivo.
Nota que nos fai chegar Lúa Films:
Buenas tardes
Pertenezco a una productora de Coruña, Lúa Filmes, que vamos a rodar el miércoles 27 de febrero de 2008 el spot para la feira del encaje de este año en el museo del encaje. Necesitamos unas 10 personas de entre 25 a 40 años para participar como figuración del spot. Estuvimos mirando la web y vimos que sois gente joven, incluso las chicas del concurso "Beauty", si os interesa poneros en contacto con nostros. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o llamar al telefono 981 160 175 hoy o mañana martes 26 de febrero.
Gracias
Bueno, dende camarinas.eu animámosvos a que todos aqueles que queiran participar no spot se poñan en contacto coa productora coruñesa para probar sorte no mundillo televisivo e como vedes, ata na Coruña adobeceron pola beleza das nosas Beautys. A este respecto o director de camarinas.eu Diego Alonso poñerase en contacto co director da Mostra do Encaixe, Sergio Caamaño, para ver se é posible encontrar un oco nos desfiles que se celebrarán na XVIII Mostra do Encaixe, para que desta forma as rapazas máis fermosas do noso concello poidan desfilar ao lado de modelos profesionais e así tamén ofrecerlle unha posible oportunidade profesional.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.