O Concello de Camariñas ven de poñer en marcha unhas accións para evitar os atascos nos sumidoiros conflictivos de todo o término municipal comezando polos situados no paseo marítimo da capital municipal. Estes traballos, levados a cabo pola nosa querida Patrulla Municipal de Obras "PMO", constan da limpeza mediante presión con potentes mangueiras de auga dos alcantarillados que deron algunha clase de problemas estes derradeiros anos. Para que non se volvan a repetir casos de obstruimento nos depósitos destas cañerías, moitas veces provocados por acumulación de grandes cantidades das típicas toalliñas que se tiran polo retrete, intentarase deixar como unha patena estes puntos onde estes productos de aseo persoal solen atascarse. Pero para evitar estes molestos atascos nos sumidoiros do concello, o máis importante é que todos nos concienciemos de que estas toalliñas perfumadas non se poden tirar polo WC. Sólo así poderemos evitar finalmente esos atascos interminables que supoñen tantas molestias para todos.

Engadir un comentario