1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A exposición "Descobrindo Camariñas, Corazón do Encaixe" que se estreou esta semana no auditoria Príncipe Felipe da cidade ovetense ten como obxectivo informar de forma didáctica a importancia do Encaixe de Camariñas desde o punto de vista cultural, tradicional, artesanal e socioeconómico. Consta de imaxes, módulos de grandes dimensións, que reflexan a tradición, o deseño, a artesanía, a innovación, a modernidade e a internacionalización, que dan a coñecer dunha maneira moi visual e sinxela en que consiste a "Mostra do Encaixe de Camariñas ". Estas 6 imaxes interpretan a simboloxía do Encaixe de Camariñas coa colaboración de personaxes de renome no mundo da moda, o deseño e a decoración. O reverso da imaxe consta de textos explicativos en español, galego e inglés acompañados de pezas reais.

 Descripción de las imágenes e dos módulos:


  • TRADICIÓN: o deseñador de interiores Rafael del Castillo posando diante dunha mesa perfectamente adornada con un mantel de Encaixe de Camariñas.
  • DISEÑO: o diseñador Lorenzo Caprile aplicando o Encaixe de Camariñas nun dos seus vestidos.
  • ARTESANÍA: a presentadora de televisión Silvia Jato con un vestido de Encaixe de Camariñas acompañada das encaixeiras máis veteranas palillando.
  • INNOVACIÓN: nenas e nenos das Escolas Municipais de Palillo que serán o futuro do Encaixe de Camariñas
  • MODERNIDADE: fotografía dos xoves deseñadores da Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela, imaxen alternativa e vangardista con algunha das súas pezas creadas con Encaixe de Camariñas.
  • INTERNACIONAL: modelo internacional con pezas de encaixe das delegacións internacionais que participaron nas edicións da "Mostra do Encaixe".

A exposición tamén inclúe unha retrospectiva na que se mostra un resumo do plan de desenvolvemento do encaixe promovido polo Concello de Camariñas a través da "Mostra do Encaixe", que se celebra sempre coincidindo coa semana santa.

Como contribución de Asturias a exposición conta con vinte maniquíes da firma de moda Ana Cabranes, deseñadora de Xixón que leva máis de 17 anos participando nos desfiles de moda da "Mostra do Encaixe de Camariñas", e dos alumnos/as das escolas de moda EPYCO de Oviedo e do IES Nº 1 de Xixón, mediante coleccións que os seus alumnos/as presentaron en diversas edicións do Concurso de Xoves Deseñadores de Moda da Mostra do Encaixe, algunha das cales obtiveron premios como é o caso de EPYCO de Oviedo.

Exposición “Descubriendo Camariñas corazón del encaje”
Oviedo: Auditorio Príncipe Felipe
Fechas: del 17 al 24 de septiembre, ambos engadidos

Engadir un comentario