Rematada xa caseque a tempada pesqueira estival do cerco camariñán chega a hora de facer balance e ver contas. E aínda que houbo semanas espléndidas para moitos barcos a tónica xeral do estío foi digamos que intermedia para os intereses da nosa flota. Así e todo e a pesar de que nos atopamos xa en épocas propicias para o mal tempo, os temporais parece que se van a facer esperar co cal as embarcacións de Camariñas aproveitan para seguir co seu traballo. A proba delo atopábamola na mañá deste mércores 13 de setembro de 2017 cando todo aquel que se paeara polas inmediacións do peirao novo da vila podería contemplar unha actividade frenética de descarga de xurelo. A meirande parte das embarcacións que se adican ao arte do cerco chegaban a porto con topes de xurelo mediano que pronto eran vendidos aos intermediarios que se achegaron a porto. E así, coa ledicia que supoñe para todo o pobo de Camariñas o desembarco de miles e miles de kilos de xurelo, voltamos a retomar con todo o entusiasmo do mundo a nosa querida sección de "Noticias do Mar".

 

Esta mañán o porto de Camariñas recibía miles de kilos de xurel do barcos do cerco
Esta mañán o porto de Camariñas recibía miles de kilos de xurel do barcos do cerco

Engadir un comentario