1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pasado fin de semana tivo lugar nas instalacións da Universidade Laboral, en Culleredo, a fase clasificatoria do Parlamento Xove, un programa de debates organizado pola Xunta de Galicia para xóvenes de 3º e 4º da ESO, no que interviron un total de 22 Centros galegos, entre eles o IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas.

O tema a debatir era se influiría no consumo de alcohol  un cambio na idade legal para consumilo. Por parte do Instituto camariñán interviron  dous rapaces e dúas rapazas de 4º da ESO que xa tiñan a  experiencia do ano pasado. Se entón o sorteo deparou que se defenderan nos tres debates a postura en contra, na edición deste ano tocou defender tamén nos tres debates a postura a favor, é dicir aquela segundo a cal un cambio na idade legal (18) do consumo de alcohol SÍ inflúe no consumo do mesmo.

Mónica e Gabriel, como oradores, e Sol e Lucas, como investigadores, tentaron convencer con argumentos sólidos ao xurado e ao numeroso público asistente a postura que defendían. 

A victoria no primeiro debate provocou certa relaxación no segundo, onde os nervios xogaron unha mala pasada. Recuperados dese trance, o terceiro  resultou moi brillante a dicir do xurado, e aínda que non se gañou pola fortaleza doutro rival, un dos favoritos ao torneo, obtívose una puntuación moi alta e quedou un bo sabor de boca, para continuar con este programa en vindeiros anos.

Aínda que sempre se quere gañar, o obxectivo deste tipo de programas é incrementar as destrezas orais dos alumnos e debatir argumentalmente sobre temas de grande actualidade para os xóvenes.

Engadir un comentario