1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Casa de Pedra acollía na mañá de hoxe a presentación do cartel que representará a XXVII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. As nenas e nenos das escolas de palillo agardaban expectantes polo resultado final. A idea partiu do fotógrafo camariñán Diego Alonso, quen xunto a María José Carril, traballou neste proxecto persoal que presentaron ante responsables do Concello e da Mostra. A idea gustou. Comenzaron entón os preparativos: escoller as candidatas entre as máis de 40 nenas das escolas, implicar as nais e familias para preparar a indumentaria das nenas, maquillaxe, perruquería...todo na procura dunha imaxe similar á de 1912 donada por Mariluz González Soto que se conserva no Museo do Encaixe.

A idea gustou dende o principio porque “supón un recoñecemento ao futuro do Encaixe, as 48 nenas e 2 nenos que actualmente participan nas escolas municipais, unha homenxe - segundo Manuel V. Alonso, alcalde de Camariñas - ao sacrificio e esforzo cara un futuro, o de Camariñas, que está no Encaixe”.

Coincidía Sandra Ínsua, Concelleira do Encaixe nesta homenaxe as nenas e nenos que palillan e que “son, ao fin, as protagonistas da Mostra pois cada ano están máis implicadas palillando para preparar as pezas que lucen nos desfiles do PequeEncaixe. Esta imaxe auna, como indica a lenda, tradición e futuro”.

A imaxe de nove nenas das Escolas Municipais de Palillo recrea unha fotografía de 1912.

“Artistas con maiúsculas” era o calificativo co que a directora da Mostra, Dolores Lema, se dirixia aos nenos, salientando a constancia e dedicación ás clases de palillo e destacando a encomiable labor da mestra Beatriz Dios.

Pouco quiso adiantar a directora sobre as novidades deste ano na Mostra - que se celebrará entre o 12 e o 16 de abril - pois hoxe, as protagonistas, eran as nenas. Haberá novidades no diseño e decoración da pasarela, na montaxe, e no número de coleccións, que será maior. Tan só concretou as novidades no respecto as delegacións internacionais: a presencia por primeira vez dunha delegación procedente de Xapón e o regreso da India que repite despois de anos de ausencia.

Engadir un comentario