1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas organiza estos días uns cursos de poda, que están tendo unha gran participación de público. O martes empezou o primeiro, que se desenvolve en Xaviña, e continuará durante esta semana. Os participantes estudian as técnicas teóricas e prácticas co obxectivo de mellorar a calidade de produción e saúde das árbores froiteiras. Esta semana rematará o primeiro grupo e o vindeiro sábado 14 de xaneiro comezará outro novo grupo en Camariñas, onde tamén está o aforo completo, ao igual que ocorre en Xaviña.

Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, debido ao grande interese mostrado polos veciños, decidiuse facer un novo curso das mesmas características, que será os domingos 22 e 29 de xaneiro na Ponte do Porto, en horario de mañá. De momento quedan prazas dispoñibles para as persoas interesadas.

O curso está destinado aos veciños do municipio de Camariñas e non se necesita ter coñecementos previos. O curso está subvencionado polo Plan Provincial de Medio Ambiente. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Camariñas.

Engadir un comentario