5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Nas culturas celtas os druidas celebraban un ritual que consistía en prender lumareas buscando a bendición para as terras e para os froitos dela, así como para demandar  boa sorte para os namorados  e  para propiciar a fertilidade.

Esta tradición é antiquísima en case tódalas culturas. Tanto que algúns investigadores sitúana  no contorno do quinto milenio antes de de Cristo. Tódas elas, dende o gregos ate as parellas que, hoxe en día, acompañan ao sol na noite mais curta do ano en Bali, sinten a chamada atávica dos ciclos estacionais do noso planeta. É  un fenómeno máxico que conmove  e emociona  aos seres humanos ao longo dos tempos, a tódalas culturas e en todas partes do mundo.

A nosa Virxe do Monte é un lugar máxico onde os nosos devanceiros, ao longo de milenios, honraron aos deuses paganos e hoxe ao deus cristián vaixo a advocación da Virxe do Monte. É un lugar sagrado aínda para os que non creemos na existencia da divinidade xa que sobre o seu cumio están as pegadas de centos de xeracións de homes e mulleres que se emocionaron vendo como o sol debuxa un camiño dourado sobre as augas do Atlántico que, como dicía Castelao en Alba de Groria, tece aos pes do monte “encaixe de Camariñas”. 

O próximo domingo, 21 de xuño, as 22 horas e 17 minutos producirase o ocaso do sol no territorio dos antiguos nerios. Será a noite mais curta e o día mais longo do ano. E alí estaremos un grupo de persoas para, seguindo a tradición dos nosos antepasados, despedir ao sol no seu camiño cara o Occidente e invocar aos deuses antigos e modernos para que nos sexan propicios. Farémolo brindando cun grolo de queimada para honrar as tradicións milenarias de prender unha luz na noite mais curta do ano e para alonxar de nós, das nosas xentes,  e dos nosos fogares  toda sorte de meigallos e malos sentimentos.

Alí, no cumio do Monte Farelo, ao pe da Virxe do Monte, lembraremos aos que nos precederon e trasladaremos a súa memorias aos que nos han de suceder.  Doxe nun ano, agora e sempre.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.