1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas, no contexto do actual proxecto financiado polo GAC “MAN: Mar, Arte e Natureza”, está na procura dunha escultura mimética de Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, polo cal foi convocado o presente concurso.

O Concello de Camariñas recibiu seis propostas de diferentes artistas para levar a cabo dito encargo, anunciando o pasado 25 de marzo -na súa páxina web- o xurado seleccionado para a elección do proxecto final.

Dito xurado está composto por D. Xosé Antón Castro Fernández como presidente - licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid- e os vogais D. Enrique Velasco Vieitez, actual secretario da Escola de Canteiros de Pontevedra, e D. Xosé Manuel Barros Hermida, artista e fundador da Asociación Mar de Fábula.

O anuncio do proxecto gañador levouse a cabo esta mañá ás 13:30 h., no stand do Concello de Camariñas - Fundación Man situado na XXV Mostra do Encaixe de Camariñas.

O gañador do concurso foi o escultor Francisco Castro Freijo coa obra “Man se queda de piedra”. O escultor, formado na Escola de Canteiros de Pontevedra, realizará una estatua en granito a tamaño natural da figura de Man.

Todos os proxectos do concurso serán presentados próximamente en Camelle, para posta en coñecemento do público xeral.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.