Representantes do Concello de Camariñas ofrecerán unha rolda de prensa este mércores 25 de marzo ás 11.30 horas no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela para presentar a XXV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre o 1 e 5 de abril na localidade. Durante o acto unha palilleira de Camariñas ofrecerá unha demostración en directo de cómo se elaboran os encaixes que lle dan fama internacional 

No acto participarán:


Manuel Valeriano Alonso de León, Alcalde de Camariñas
Sandra Ínsua Rial, Concelleira responsable da Mostra do Encaixe
Dolores Lema, Directora da Mostra do Encaixe
Franco Quintáns, Deseñador e Director da Pasarela da Mostra do Encaixe 

Comentarios   

Stella
+2 # RE: Presentación da Mostra do Encaixe de Camariñas 2015 en Santiago de CompostelaStella 24/03/2015 23:26
Allí estaremos!!!
Responder | Denunciar ante o administrador