1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois xa temos gañadores da recente campaña ideada para promover o comercio e que foi denominada acertadamente "Namórate no Entroido" dada a confluencia das datas carnavaleiras co día dos namorados. Foi esta promoción ideada pola recentemente creada Rede de Comercio de Camariñas coa colaboración do Concello da vila. Os gañadores do orixinal concurso foron os nosos amigos de Xaviña Margarita e Abelardo con un cupón recollido no establecemento de roupa e complementos infantís Kerubín. Dito premio consta de unha romántica cea en calqueira dos ristorantes que participaron en dita campaña. Pois dende Camarinas.eu non temos máis que desexarlle a Margarita e Abelardo que disfruten desta cea así como dar a noraboa aos organizadores e colaboradores destas boas iniciativas en beneficio do comercio local.

Engadir un comentario