1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Contaba o escritor soviético Iliá Ehrenburg nas súas memorias ("Gente, años, vida") que o peor que lle fixeran os fascistas á xente da súa xeración, por enriba da guerra, das masacres, do sufrimento infinito, foi que os ensinaron a odiar. Non a odiar, porque o odio presupón enfrente un enemigo poderoso, cunhas certas aptitudes e unhas idóneas cualidades, e aquí só hai inútiles, pero sí a despreciar, a desprecialos a eles se entende, a eso sí que nos ensinaron a man de ultradereitistas desquiciados que dende hai anos deambulan por Camariñas de derrota electoral en batacazo estrepitoso sucesivo, e que teñen a ben devorarse vivos entre eles cada pouco. Foi publicar esta web a noticia de que a Xunta de Galicia recuaba nas súas intencións de instalar no espazo natural do Cabo Vilán un laboratorio eólico a maior gloria da empresa catalano-independentista Gas Natural e ahí a xauría de cachalotes camariñáns se nos botou enriba nas redes sociais como fieras sedentas de sangue e pletóricas de odio. Esta nova patrulla de dirixentes postos aos mandos do Partido Popular local en virtude de providencial dedazo provincial fará idílicos os días de Daniel Rego, se non tempo ao tempo. Xusto se foi a designar a peor calaña, aos odiadores profesionales, aos vagos que vivían de pasar a man polo lombo do Daniel dos bos tempos, para conformar un novo proxecto, que en verdade non semella de moi longo alento. Parece como se a Dirección Provincial dera xa por perdidas as Municipais 2015 e pensase no seguinte asalto, poñendo a catro bobos útiles para pasar de calqueira maneira o mal trago que se aveciña.

Soe ser unha práctica comúnmente aceptada nas democracias que os medios de comunicación libres están para fiscalizar ao poder. E aquí o poder ven a ser o partido que eles representan e que por mandato da cidadanía goberna nos diferentes ámbitos administrativos (menos en Camariñas). Cando sucede ao revés, cando é Stalin o que lle di ao Pravda, a Izvestia, o que ten que publicar, cando Hitler ou Kim Il Sung linchan en público a un xornalista, entón xa non estamos ante unha democracia senón ante un sistema soviético, nazi, islamista: totalitario. Esta lección tan básica nunha democracia, non a sabían os novos dirixentes populares camariñáns. Será porque eles xa chegaron a esto odiando. Ninguén llo tivo que ensinar.

Engadir un comentario