- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Febreiro 2008 09 Febreiro 2008
Ao final van a ter razón os multimillonarios expertos en cambios climáticos e vai resultar que este será un inverno seco e cálido. Debido a un potente anticiclón situado nas Azores, unha corriente de aire provinte do sur cun bo corazón africano fai que estos días no noso concello esteamos a desfrutar dun tempo verdadeiramente tropical, caribeño, como un bombón de chocolate ben cremoso que fai que che entren gañas de bailar ao son dos bongos. Así pois a redacción con non moitas ganas de facer nada foise dar unha voltiña por Reira e o Ariño para traervos unhas fotiños que parecen sacadas no mesmísimo agosto. Pulsa na foto para ver a pequena galería do verán camariñán.
Así pois, viaxe de vagabundeo = reportaxe medio cativa. Como xa dixeramos unha vez aquí non queremos engañar a nadie, así que o millor que podedes facer e deixar de ver esta páxina, aproveitar o bo día e dar unha boa voltiña por ahí ata calqueira dos lugares de ensoño que hai no noso concello: ata Reira, ata o Ariño ou ata Sabadelle, na nosa querida vila de Camelle. O único perigo deste bo tempo é que algúns que xa teñen reblandecidos os miolos dabondo acaben por estourarlle no medio dunha explosión piroplástica de calor, como un volcán en erupción. Esperemos que non pase.
Bueno, esto é o que hai, hoxe é sábado e como é tradición en camarinas.eu, a redacción vai case todos os venres a ese templo del buen yantar chamado "Restaurante Puerto Arnela", onde atoparás as posiblemente mellores viandas marítimas e terrestres da Costa da Morte e onde case sempre, ao final do banquete se forma unha pequena tertulia co gran amigo de camarinas.eu Soto, o cal cando nos ve xa rematada a faena culinaria acércase, sempre cunha sonrisa pícara na cara, coa súa inseparable botelliña de pacharán e entón empieza el disparate. E claro, os sábados estamos desfeitos.
Comentarios
Tes razón, pronto as sardiñas correrán po la terra atrais dos gatos e as vacas en vez de comer herba fumarana.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.