- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Febreiro 2008 07 Febreiro 2008
Nesta ocasión "Fotos Históricas" publica unhas imaxes que nos fai chegar unha das nosas usuarias, que tras superar o implacable exame de calidade do tribunal de camarinas.eu saen con tódolos honores na nosa portada, e nas que aparecen un grupo de rapazas do Colexio "O Areal" pertencentes á xeración dos anos oitenta de Camariñas, entre elas a nosa nova e fiel usuaria residente en Canarias e camariñana ata a médula Rocío "A Piruca".
Visto cos ollos da corrección política de hoxe en día, o que máis impresiona aos redactores é a lenda que aparece nas camisetas: "Colexio Nacional de Camariñas" e que fai rememorar uns tempos nos que o adxetivo "nacional" para referirse a nosa querida España aínda non fora sustituido polo máis inodoro e inoloro adxetivo "estatal", como tanto lles gusta decir a os nacionalistas antiisreilíes, antisemitas e como non, antiespañoles de cabo a rabo. En fin, uns tempos no que estas rapaciñas, hoxe xa mulleres ben fermosas, pertencían a unha nación que se chamaba España.
Comentarios
arriba de esquerda a dereita estan:marimar,a filla de don ricardo,eva a de chicote,a do machetero e araceli a do castillo,,,,
por abaixo a esquerda,miña prima gabi,rosana do farelo,a nosa rocio,eu,anque parezca que non ,e sonia
Vaia recordos me trae ésto,foi moi boa época,xa que daquela aínda me podía permitir o lujo de practicar o deporte da miña vida.Por aquel entonces aínda ibamos xogar a ponteceso,laxe,cabana,etc.
Uns anos despois xa se perdio todo esto e as mulleres xa case que nos deportes,quedam os a un lado.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.