4.5757575757576 1 1 1 1 1 Rating 4.58 (33 Votes)
Estaba a mañá deste martes de carnaval camarinas.eu facendo unha desas viaxes de vagabundeo que tan famosa fixeron a esta redacción e que case sempre solen acabar nunha reportaxe medio cativa, cando a nova unidade móbil, aínda máis destartalada que a anterior recalou nun lugar lexendario do Concello de Camariñas: o Cementerio dos Ingleses. Pulsa na foto para ver o novo estado dos exteriores do cementerio e un vídeo.

Unha vez no Cementerio dos Ingleses, con todo o respeto que ese sagrado lugar inspira e sobrecollidos pola beleza salvaxe dun entorno feiticeiro, enmarcado polo triángulo máxico da Punta do Boi, a Praia do Trece e Monte Branco, camarinas.eu puido comprobar o novo estado no que quedou o entorno do Cemiterio tralas obras de reforma que se acometeron alí en datas recentes. Estas reformas consistiron nun novo céspede e nun novo aparcamento, e por eso animamos a todos os camariñáns que poidan a que se den unha volta polo noso querido cementerio ben en coche, ben facendo algo de deporte, para desfrutar da beleza do entorno e observar as melloras que alí tiveron lugar e  e que, se ben deixaron o lugar moi coqueto, hai que apurar para velas antes de que calquer día un dos habituais e terribles temporales que nos asolan tire ao mar con todo.

Engadir un comentario