4.4210526315789 1 1 1 1 1 Rating 4.42 (57 Votes)

¡¡Queremos que subas as túas fotos xa!!

Máis de 100 fotos xa na galería de usuarios
Máis de 100 fotos xa na galería de usuarios

A sección que abría camarinas.eu a semana pasada "Fotos de usuarios" (dentro da sección Arquivo fotográfico, arriba ao lado do Libro de visitas) para incrementar a interconectividade entre a nosa web e todos os usuarios que a diario entran na mesma, resultou un completo éxito e así a día de hoxe xa temos máis de 100 fotos subidas ao noso servidor. Debido a que algúns usuarios tiveron problemas para subir as súas fotos e compartilas con toda esta gran familia que é camarinas.eu, a familia máis grande de toda a Costa da Morte, un xenio da informática como o Soco non esperou a que os redactores llo pediran e fixo un vídeo tutorial que fará que ata un neno de tres anos poida subir as súas fotos.

Usuarios clásicos de camarinas.eu como diegoalfr, O Soco, Noelia ou Uxi ou outros máis recientes como Adry ou Zhúkov non esperaron e xa dende o primeiro momento atinaron a subir as súas fotos máis queridas ao noso destartalado servidor. Pero neste punto atopámonos cun problema e é que o peso (kilobits) das fotos que subides pon en perigo a estabilidade do servidor, por iso antes de subir as fotos hai que rebaixalas de peso e tamaño (o límite máximo está establecido en 150 kb) e aquí entra en escena o maxisterio do Soco, que por propia iniciativa mandounos dende Suiza un pequeno e sinxelo vídeo tutorial sobre o proceso de maquetado e subida de fotos. Así pois animámosvos a que os nosos usuarios podan aprender a tratar e mellorar as fotos a través desta lección gratuita impartida por un xenio coma O Soco. A comunidade de camarinas.eu incluso está pendente de mellorar a formación informática dos seus usuarios.

Por outra banda en breve será convocado o 1º Concurso Fotográfico de camarinas.eu para elixir cal é a mellor foto desta nosa "Galería de usuarios" a través da puntuación recibida por cada fotografía. Nos non temos cartos para dar premios en metálico, somos pobres coma as ratas do Cansorro, así que o gañador ademáis de ver a súa foto publicada na portada de camarinas.eu con todos os honores habidos e por haber, recibirá un pequeno agasallo feito con todo o amor e cariño dos pobres pero honrados redactores de camarinas.eu ¡¡QUEREMOS QUE SUBAS AS ¨TÚAS FOTOS XA!!

Video tutorial de O Soco

Engadir un comentario