Camarinas.eu, o grande e único medio de comunicación independente e veraz e que ten como misión fundamental levar a voz dos veciños do concello ata o último recuncho do globo, procede a publicar este caluroso mércores 11 de setembro outra oportunidade inmobiliaria única na Costa da Morte. Trátase desta volta da posta a venta dunha vivenda completamente amueblada situada en pleno barrio de Corea e a tan só uns escasos metros das tranquilas augas da Ría de Camariñas. Unha construcción que consta con cáseque 200 metros cuadrados habitables divididos en dúas plantas máis baixo cuberta. Unha edificación que conta con dúas entradas posuíndo a principal delas un aplísimo patio que permanece soleado durante case todo o día e con unhas envidiables vistas ao porto pesqueiro camariñán. Unha oportunidade única o deste inmoble que se poñe á venta. Para contactar cos propietarios os interesados poden poñerse en contacto no seguinte número de teléfono: 619 62 97 63

Engadir un comentario