No que posiblemente sexa o enclave turístico por excelencia de España, a costa malagueña, máis concretamente na poboación de Mijas, na mesmísima Marbella, a propietaria dunha vivenda que ten as súas raíces na Ponte do Porto, Ana Figueiras, decidío ofrecer unha oferta difícilmente superable aos seus veciños do Concello de Camariñas. Alquila a súa vivenda de luxo en condicións económicamente máis ventaxosas aos que son os seus compatriotas galegos, dado que que con bo criterio, confía máis na limpeza, coidado e urbanidade dos mesmos que no que poidan ter os típicos turístas daquelas terras (ingleses, alemáns e demáis ralea). Todo ven de que recentemente por motivos laborais a familia de Ana, que asemesmo posúe unha vivenda de veraneo na Ponte do Porto, tivo que deixar a súa casa de Mijas e por elo decidío alquilala. Trátase dunha vivenda de luxo con xardín, iacuzzi, aparcamento privado, e a tan só 1.500 metros da praia máis cercana. Un auténtico paraíso turístico do que calqueira dos nosos veciños pode beneficiarse poñéndose en contacto con Ana chamando ao 618-755-004.

Engadir un comentario